Historia de Lérez

9 PRÓLOGO Eu son de Lérez . Tiña trece meses cando —dende Xeve— me trouxeron para o lugar do Castelo, nas terras de meu pai, tan preto de onde se alzaba o Cas- tellum de Citofacta , onde Santiago Apóstolo, o Fillo do Trono , interveu para nos librar da ocupación que da fortificación fixera Afonso Henriques, rei de Por- tugal; tan preto, outrosí, de onde habitan as mouras e se ocultan as lendarias minas de ouro e de veleno tan perigosas por seren difíciles de distinguir. Des- pois, na Porta do Sol, e en Lérez continuarei residin- do —dende hai décadas, no lugar do Cruceiro—, mentres o sentido non se me torza. Probablemente, se non me sentise unha lámbica máis —con sangue do Lérez discorrendo polas miñas veas—, me fose menos complicado realizar tan fermosa encomenda. Elaborar o pórtico que dá entrada á publicación que teñen vostedes nas mans é para min unha inmensa honra cargada de emocións que quizais non poida disimular todo o tempo. Non é este, ademais, un ano calquera... A Asociación Sociocultural CEDOFEITA celebra os 25 anos que pasaron dende aquela primavera de 1995 en que un grupo de veciños e veciñas con in- quietudes comúns, que sabían da tradición pioneira que nos movementos asociativos agrícolas, recreati- vos, gandeiros, deportivos e culturais tivera a parro- quia, emprenderon esta apaixonante aventura: ter- mar do patrimonio sentimental, antropolóxico, medioambiental, histórico etnográfico e cultural de Lérez no seu conxunto, sen esquecer abrir as ventás ao mundo, alumeados sempre dunha luz retrospec- tiva que mira cara ao futuro. Moitos daqueles intrépidos corsarios, entregados á conquista do patrimonio material e sentimental de Lérez —Xaime Iglesias, Raimundo Piñeiro, Benig- no García, José M. Castro, Xosé Álvarez, Cristina Barreiro, Jaime Barreiro, Manuel Cuñarro, José L. E. Solla, Mª del Carmen Pereira, José Quinteiro, Rocío Quinteiro...—, mulleres e homes que embar- caron xuntos nesta xa longa travesía, continúan hoxe entregados á tarefa de emular aqueles oasis de liberdade e compromiso que houbera noutrora na parroquia e en facer que a asociación siga a medrar co ímpeto de novos retos que alimentan con sobre- doses de entrega e paciencia. E a estes fóronse unin- do outros navegantes: José Grandal, Isidoro Gonzá- lez, Antonio Vázquez... *********************************** Unha luz de facer memoria Agora podería reconstruír os rostros das penas primeirizas, reconstruír a pel cuarteada dos anos, recoñecer os soños e outras deformacións do patrimonio. (Manuel Álvarez Torneiro. Parábola do incrédulo )

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=