Historia de Lérez

119 Xosé Álvarez Castro A fonte principal para aproximarnos ao coñece- mento dos lerezáns e lerezás que habitaron a nosa parroquia a mediados do século XVIII é o chama- do Catastro de Ensenada así como o expediente de comprobación que se realizou sobre el no ano 1764 198 . Este catastro ten a súa orixe na vontade da dinastía dos Borbóns de uniformar e centralizar a España dos Austrias, constituída por diversos rei- nos con lexislación, sistema fiscal e administración diferenciados. Baixo o reinado de Fernando VI, en 1749, o Marqués de Ensenada, Zenón de Somodevilla y Bengoechea, manda facer unha sor- te de enquisa xeral que fose unha radiografía da situación socioeconómica da España de mediados do século XVIII. A finalidade era a imposición dunha “única contribución” que refundise os di- versos impostos: alcabalas, millóns, centos... que existían. Daquela o reino de Galicia estaba formado por sete provincias, pertencendo Lérez á xurisdición da vila de Pontevedra con señorío do arcebispado de San- tiago de Compostela. Neste traballo utilizamos di- tos catastro e expediente como fontes de informa- ción sobre o estado da nosa parroquia centrándonos nos aspectos relativos á poboación. 198 Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas da parroquia de San Salvador de Lérez efectuado por decreto de decembro de 1760 para o establecemento da única contribución. Arquivo de Simancas. 199 Veciños eran os homes e mulleres viúvas ou solteiras que eran cabezas de familia. 200 Almas eran cada un dos habitantes da poboación; adoita aplicarse un coeficiente multiplicador de 4 para calcular o seu número. O 12 de maio de 1752, data na que se expoñen os datos aos veciños de Lérez, vivían na parroquia como veciños 199 cabezas de familia 206 varóns e 40 mulleres viúvas e solteiras ou sexa un total de 226 veciños pois, segundo costume, as mulleres cabeza de familia regulaban como medio veciño. Debemos facer notar que o total de habitantes (almas 200 ) era moi superior, ao redor de mil persoas. A maioría da poboación estaba formada por campe- siños e xornaleiros como corresponde a un país agrí- cola pero, dentro dos primeiros teriamos que dife- renciar categorías segundo as terras das que dispoñían en propiedade. En Lérez a situación non debía diferir moito da galega en xeral, na que se es- timaba que ao redor dun 60% dos campesiños non dispuña de superficies superiores a 6 ou 7 ferrados. O traballo nas terras compaxinábase co exercicio doutros oficios nas épocas do ano nas que as ocupa- cións agrícolas o permitían. Na relación que aparece no Libro personal de vecin- dario, cavezas de casa o número de individuos legos con sus nombres y apellidos, hedades y estado con ex- presión de sus hijos que hayan entrado en los diez y ocho años, de los de menor hedad, sus hijos, hermanos, oficiales, aprendices, criados y demás personas de que se componen sus familias con el distintivo de las clases 2 A poboación lerezá no século XVIII

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=