Historia de Lérez

120 que son, si cavalleros, hidalgos, labradores, menestra- les, jornaleros, milicianos y demás... vemos que a in- mensa maioría de lerezáns eran labradores, oficio que compartían con outros destacando o de cantei- ros (75 persoas). Tamén debemos salientar que hai poucos campesi- ños “donos de seu ” ou sexa, propietarios da terra que traballan, porque o fenómeno foral era predomi- nante. O foro era unha especie de contrato de longa duración, mediante o cal o campesiño era usufru- tuario ao longo de varias xeracións (voces) de terras que pertencían a señores ou mosteiros, no noso caso ao de bieitos de San Salvador de Lérez. As rendas que pagaban os campesiños consistían en certas cantidades de cereais, viño, etc. ou na prestación de determinados servizos. A existencia de fidalgos que actuaban como intermediarios (subforos) fixo moi- tas veces insoportables as cargas sobre os campesi- ños dando lugar a preitos e revoltas. O total de riqueza rústica, urbana e pecuaria esti- mada polo catastro para a nosa parroquia era de 138.036 reais a que estaba en mans de leigos e de 24.107 a dos eclesiásticos. Para ter unha referencia, o prezo dunha galiña viña a ser de dous reais. En canto a distintas categorías de veciños, aparecen 2 nobres, 279 pecheiros 201 , 15 viúvas pobres e dous ecle- siásticos seculares. Ademais, no convento había 23 relixiosos, destes 7 eran sacerdotes, 3 leigos e 13 co- lexiais aos que habería que engadir uns oito criados. Doce anos despois, o convento contaba con 22 re- lixiosos. O clero secular comprendía un presbítero 201 Veciños ou forasteiros que pagaban contribucións. 202 Expediente de comprobación. Libro persoal de eclesiásticos. Arquivo de Simancas. 203 No expediente de comprobación de 1764 aparecen pequenas variacións. que vivía en Casaldarado e outro na Fontaíña xunto cun sobriño que era “clérigo de menores hórdenes” 202 . A poboación estaba distribuída en diferentes luga- res que relacionamos a continuación mantendo os nomes que aparecen no catastro, mostrando así os erros introducidos ao seren castelanizados. Entre parénteses colocamos o número de veciños (non de habitantes) 203 : Santiña e Encrucillada (9), Gándara (6), Junquera e Barreyro (8), Piedra Picada (9), Ca- rretera de Lérez (18), Cruzero (27), Ramallas (6), Casar do Arado (40), Castelo (27). Casalnobo e Valiño (14), Outeyro (11), Fontaíña (13), Piolla e Carballo (15), Encruces e Figueiro (11), Rimixeiro e Vilares (13) e Couso (19). No cadro que se mostra sobre os oficios, á parte o xa dito sobre o grande número de labradores e cantei- ros, debemos comentar a existencia dalgúns aspec- tos interesantes: Os muiñeiros (11) están todos localizados en Cou- so, feito facilmente explicable por ser o seu relevo o que mellor se presta á construción de muíños, al- gúns aínda existentes na actualidade. O mosteiro tiña un muíño de tres pedras no “Río grande”, ou sexa o Lérez, e outro no regueiro de Rorís, ambos arrendados a Ambrosio Martínez e Benito da Torre por 350 reais anuais. Outros muíños pertencían a Francisco Pión, Gregorio da Torre, Joseph da Torre, Ambrosio do Outeiro, Escolástica da Barcia, Verísi- mo Vidal, Marcos Martínez, Julián da Torre, Am- brosio Martínez, Silvestre Vidal, Phelipe Pérez e Juan Blanco que moen oito meses ao ano e outro na

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=