Historia de Lérez

203 Xosé Álvarez Castro Non estaba de humor o sarxento José Quintas, co- mandante de posto da Guardia Civil de Cambados, na mañá do 19 de xullo de 1946; remataba de asi- nar o atestado sobre o sucedido o día anterior, déci- mo aniversario do golpe militar franquista, para enviarllo ao xuíz militar de Pontevedra. Aínda que tiña informacións sobre intentos de reorganización dalgúns simpatizantes da derrotada 2ª República, nunca lle dera moita importancia: o castigo sufrido polos “rojos” fora tan forte que o medo tiña parali- zada calquera posibilidade efectiva de oposición ao réxime do caudillo Franco. Ademais os elementos republicanos máis destacados foran eliminados, es- taban presos ou suxeitos a liberdade vixiada someti- dos a un forte control da propia Guardia Civil ou de elementos falanxistas. Aínda así, en agosto do ano anterior apareceran na parede do cine de Barrantes e noutras casas pintadas de Ojo. Vivan los milicianos de las fronteras. Viva Ru- sia. Muera Franco. Se terminó el facismo , con debu- xos da fouce e o martelo, así como estrelas de cinco puntas e bandeiras vermellas. Nesta ocasión repetíanse os feitos e con maior ex- tensión pois chegaban aos arredores da capital: pin- tadas ao longo da estrada de Vilagarcía e, na cir- cunscrición do sarxento, nas parroquias de Meis e Barrantes, apareceran diversas pintadas feitas con letras de molde e utilizando pintura de cor granate escura. Nas paredes da farmacia de dona María García aparecía escrito ¡Viva la República! ” e “UGT” e na casa de Genaro Outeda pintaran “Muera Fran- co. Viva la República e así noutros lugares. O 23 de xullo púxose en marcha a maquinaria da xustiza militar (feitos deste tipo entraban nesta xu- risdición) e o comandante de artillería Aniceto Pa- lacios Pavón foi designado instrutor da causa mili- tar 368/46, instruída contra descoñecidos por inxurias a S.E. el Jefe del Estado . Pouco a pouco, as pescudas empezaron a dar resul- tado e coincidían coa idea do sarxento, que sempre sostiña que os autores procedían da capital ponteve- dresa; un cabo do exército que, acompañado do so- briño do cura de Tremoedo, trasladábase de noite, a pé, dende Pontevedra a Cambados, conta que en Lérez atoparan un home cunha gaia que, dirixíndo- se a eles, chamoulles covardes. Seguiron camiñando e viron a dous homes que levaban a mesma direc- ción que eles e observaron pintadas no asfalto e va- rios letreiros nas paredes dalgunhas casas. Cando chegaron a Barrantes viron, na fachada principal dunha casa, unha “pintada” con “vivas” á República e mueras a Franco e á Falanxe asinada pola UGT. O comisario de policía de Pontevedra afirma ter a pista sobre os posibles autores e pide a correspon- dente autorización para rexistrar os domicilios de Enrique Dios López “Picolo”, albanel de 37 anos domiciliado na Ferreira, Norberto López Baamon- 6 Pintadas na noite. O accidentado contrato da banda de música para as festas de san Salvador

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=