Historia de Lérez

204 de “o Ramallo”, un curmán de Norberto alcumado “o Peixiño” (José Nantes) e outro do que descoñe- cen o nome pero saben o domicilio. Os rexistros nas casas de Enrique “Picolo” e José Nantes Rodríguez “o Peixiño” foron falidos, do mesmo xeito que o da casa (na Pedra Picada) e zapa- tería (rúa César Boente) propiedade de Norberto; neste caso a policía recoñece que non atoparon as “armas y propaganda clandestina contra el Nuevo Es- tado” que buscaban. Como se pode ver, as acusa- cións non eran “pecata minuta”. A pesar dos rexistros negativos deteñen a todos por consideralos sospeitosos de ser os autores dos feitos investigados. Ademais de Enrique, Norberto e José, tamén dete- ñen ao empregado de limpeza do concello José Morgade Esperón, que vivía no Ramallás. Os deti- dos son sometidos aos hábiles interrogatorios que habitualmente acostumaban ir acompañados dun trato non especialmente respectuoso. Sabido é que o patrón da parroquia de Lérez é san Salvador, pois ben, foi este santo, mellor dito a súa festa, quen proporcionou a coartada para que os de- tidos tentasen probar a súa inocencia. A comisión de festas de san Salvador e o Cristo estaba composta por vinte e dúas persoas e presidíaa o industrial pa- nadeiro Manuel Portela Cobas; nunha reunión ce- lebrada na casa de Ilda González, irmá do médico, acordaran nomear os detidos para que contratasen a banda de música de Lantaño para a festa do patrón. A noite do 17 de xullo planificaron a viaxe na taber- na de Benito Piedras “Benitiño” situada na Ferreira. José Morgade afirma que o 18 de xullo non saíra da casa ata as sete da mañá cando se levantou para xun- tarse cos compañeiros; ao chegar á Ferreira aqueles xa marcharan polo que, en bicicleta, dirixiuse a Lantaño. Na Portela tivo un pinchazo e xa eran as once cando atopou en Curro os seus compañeiros, que xa viñan de volta, regresando todos a Lérez. A versión de Enrique Dios foi moi detallada: deitá- rase ás once e levantárase ás seis e media da mañá, foi chamar por Norberto, que aínda estaba na cama, polo que aproveitou para ir á panadería de Portela para que lle prestaran a bicicleta de Elías Fentanes, cuñado do panadeiro; como non a tiñan alí foron buscarlla á casa. Xuntouse con Norberto e en ca- dansúa bicicleta marcharon a Lantaño a onde chegaron contra as dez da mañá. Cando regresaban atoparon a Morgade en Curro e alí tomaron uns bistés e xogaron unha partida á “escoba”, chegaran á casa entre a unha e media e dúas menos cuarto da tarde. A versión de Norberto é coincidente pero precisa máis o percorrido tabernario: na ida tomaron un chiquito na taberna de Rey (Curro) e na volta para- ron na de Albino Tilve (A Devesa), cando chegaron a Alba viron letreiros subversivos na fachada da ta- berna La Pampa Argentina e Enrique Dios díxolle ao dono: Hai que borrar iso, señor Manuel e aquel contestoulle que o deixara estar que ao mesmo tem- po adornaban a fachada; pararon despois na taberna de Caramés, no empalme da estrada de Vilagarcía coa de Santiago. O instrutor non deixa pasar o comentario de Ma- nuel Rey, dono de La Pampa Argentina, e sométeo a un careo con “Picolo”; Rey nega que dixera que as pintadas adornaban a parede senón que estaba bus- cando a maneira de borralas e “Picolo” reafírmase no dito. O xuíz considera que aparenta dicir verda- de “Picolo” A mecánica xudicial segue o seu curso coa demanda dos informes de rigor sobre os encausados. Norber-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=