Historia de Lérez

233 Xaime Iglesias González Nunha reunión da Asociación de Veciños de Lérez celebrada en 1982, un vogal solicita da xunta direc- tiva que se interese pola documentación relativa ao local social no que veñen celebrándose as xuntanzas, aducindo que é un local parroquial edificado polos ve- ciños 305 . Era a primeira vez que quedaba reflectida nunha acta a inquedanza veciñal sobre o edificio social da sociedade Juventud Lerezana , fundada en 1929, e inxustamente confiscado tras o golpe mili- tar de 1936 polo réxime ditatorial que del xurdiu. A esta demanda responde o presidente da entidade manifestando que esta non vai intervir de momento neste asunto porque unha sociedade denominada Ju- ventudes Lerezanas 306 –nótese que está en plural- presentara, había pouco tempo, os estatutos para a súa legalizaci ón. Efectivamente os estatutos de Juventu- des Lerezanas foran aprobados en 1980 e, tal como insinúa o presidente de Veciños, esta entidade nace coa intención de botar man do edificio, unha vez que deixara de ser escola e teleclub. Pero a nova aso- ciación, que se saiba, non xestionou a súa devolu- 305 Acta de reunión da xunta directiva de 2 de marzo de 1982. 306 Juventudes Lerezanas constitúese o 7 de setembro de 1979 (50 anos despois de Juventud Lerezana ). Os estautos están datados o 27 do mesmo mes e figuran aprobados polo Goberno Civil, con rexistro número 829, segundo comunidado do 3 de outubro de 1980. Foi unha sociedade nova, diferente de Juventud Lerezana. 307 Artigo 47 dos estatutos. ción legal, probablemente porque xa o consideraba da súa propiedade, tal como figura nos seus estatu- tos 307 pero, obviamente, tal precisión estatutaria non era suficiente desde o punto de vista legal. Lexitimamente o edificio Juventud Lerezana era da parroquia, tanto pola súa procedencia, feito por gran número de veciños con achegas de diñeiro, tra- ballo ou materiais, como pola súa utilización, pois, mesmo despois da incautación, víñase usando para reunións, asembleas e demais actividades por todos os colectivos lerezáns. Pero faltaba o título de pro- piedade que recoñecese esa lexitimidade. Malia o dito, tres anos despois, na asemblea do 25 de febreiro de 1983, a Asociación de Veciños acor- da comezar a busca de vías de solución para a con- seguir esa recuperación legal do edificio, iniciativa que, con máis ou menos intensidade, durou ata 1991. No decorrer deste tempo, mantivo polo me- nos dúas entrevistas co Gobernador Civil e contac- tou con políticos de relevancia en Pontevedra; visi- tou o Rexistro da Propiedade, a Avogacía do 12 A recuperación legal do edificio Juventud Lerezana: breve crónica dunha longa historia

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=