Historia de Lérez

234 Estado, o Delegado de Agricultura e as cámaras agrarias onde se celebraron catro reunións 308 . Ade- mais presentou instancias na Cámara Agraria Local de Pontevedra e no Ministerio de Agricultura soli- citando que previos los trámites oportunos nos sea devuelta la propiedad a la parroquia de Lérez para dedicarla exclusivamente a un centro cultural recrea- tivo 309 . Estas xestións non acadaron o obxectivo desexado, pola complexidade do asunto, pero sobre todo polo a ausencia de vontade política das autoridades e, tal- vez, por non estaren representados todos os sectores significativos de Lérez. Neste senso só houbo un intento en 1986. C oa fi- nalidade de resolver a caótica situación en que se atopa o inmoble “casa da parroquia”, reuníronse o 10 de novembro dese ano, representantes da Asociación de Veciños, Comunidade de Montes, Deportivo Lérez e Alianza Ganadera pero non acudiu Juventu- des Lerezanas, a máis importante naquel momento, polo que a xuntanza non tivo transcendencia. Con todo, o conxunto das accións emprendidas pola Asociación de Veciños durante este período de oito anos non caeron en van, senón que serviron de ex- periencia para o futuro. 308 Reunións reflectidas nas actas da Asociación de Veciños de 13 de novembro de 1986, 25 de novembro de1988, 7 de xullo de 1989 e 27 de setembro de 1991. 309 Así consta nas solicitudes de 4 de decembro de 1987 e 8 de abril de 1988, asinadas por Manuel Pacheco Códoba, presidente da Asociación. 310 A Coordinadora de Entidades de Lérez constitúese o 8 de novembro de 1995 e nela intégranse Asociación de Veciños, Comunidade de Montes, Club Deportivo Lérez, Alianza Ganadera, Asociación Cristo del Consuelo e Asociación Cedofeita. 311 DOG do 29 de febreiro de 1996. O edificio Juventud Lerezana figuraba no inventario de propiedades da Cámara Agraria Local de Pontevedra. A implicación de todas as entidades parroquiais Entre 1991 e 1995, por diversas causas, a Asocia- ción de Veciños sofre unha parálise organizativa e funcional e, a partir de 1992, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia (no sucesivo Comunidade) toma o relevo de encabezar as xestións de uso do local e recuperación legal. Co- meza realizando varias consultas xurídicas e intén- tase involucrar a todas as entidades lerezás. Desta iniciativa sairá, en 1995, a constitución da Coordi- nadora de Entidades Parroquias 310 que significou a reafirmación de que o edificio era tido como o local social da parroquia de Lérez que, en conxunto, sen- tíase herdeira de Juventud Lerezana. Pero sobre todo, o nacemento da Coordinadora foi o punto de unión de todos os sentires da parroquia que con- verxían nela, decididos a dar a batalla derradeira da recuperación legal do edificio. Así, cando se publica a orde de 15 de febreiro de 1996 da Consellería de Agricultura Gandería e Montes pola que se abría un prazo dun mes para a presentación de reclamacións e peticións relativas ao patrimonio resultante da extinción das antigas Cámaras Agrarias Locais de Galicia 311 , a Coordina- dora, non dubida en solicitar da referida Conselle- ría que o edificio Juventud Lerezana revirta aos seus lexítimos donos por medio das súas entidades represen-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=