Historia de Lérez

254 Antes de falar do seu consello de guerra hai que mencionar a seguinte noticia aparecida no xornal “Faro de Vigo” do 30 de abril de 1937: Sentencias Se han dictado las siguientes: (...) [Condenando} a Jose Arribas Hermida procesado en Cambados por malversacion de caudales a pena de suspension de cargo publico y derecho de sufragio activo y pasivo y multa de 250 pesetas. Queda claro que este xuízo foi unha farsa orquestra- da polos sublevados para desprestixiar o seu labor como alcalde e de paso roubarlle unha importante suma de cartos. Non hai datos sobre o seu ingreso no cárcere, desco- ñecemos se se entregou voluntariamente ou se foi apreixado. Segundo os testemuños recollidos, en primeiro lugar estivo preso no cárcere do partido de Cambados. Del foi trasladado á prisión provincial de Pontevedra para ser xulgado xunto a outros veci- ños da comarca do Salnés nun consello de guerra celebrado o 14 de abril de 1937. Hai que salientar o testemuño do xa mencionado cura de San Vicente de Nogueira sobre todo tendo en conta o apoio que a Igrexa prestou desde un primeiro momento á su- blevación. Este e o informe que a Garda Civil fixo sobre el: JOSE ARRIBAS HERMIDA. Observa mala conducta moral publica y privada. Pertenecia a la sociedad comunista “La Fraternidad de Obreros Agricultores de Meis” en la que ejercia el cargo de Presidente. Tambien ejercio de Alcalde del Ayuntamiento de Meis durante el dominio del Frente Popular. Profesa ideas comunistas y efectuó intensa propaganda de este ideal, coaccionando a los obreros para que se afiliasen a dicha sociedad. Tras o xuízo do consello de guerra foi confinado no cárcere da illa de San Simón. Nel estivo até que no ano 1937 é trasladado a un dos penais máis triste- mente célebres da Guerra Civil: a prisión –fortaleza de San Cristoval no monte de Ezkaba en Iru- ña-Pamplona. Ingresou nel o 11 de outubro. As pé- simas condicións nas que se atopaban os presos pro- vocaron que o 22 de maio de 1938 se producise unha fuga masiva na que participaron 794 presos, entre eles Xosé. Tan só 585 volveron con vida ao forte, os demais foron asasinados por membros da Garda Civil, requetés, falanxistas e mesmo por veci- ños da zona que lles deron caza como se fosen ani- mais. Por participar na fuga foi xulgado no consello de guerra celebrado en Iruña-Pamplona o 28 de se- tembro de 1938. Condenárono polo delito de “au- xilio a rebelión” á pena de 17 anos, 4 meses e un día de reclusión coas accesorias de inhabilitación abso- luta durante o tempo da condena. Permaneceu encarcerado até que o 13 de setembro de 1940 conseguiu a situación de prisión atenuada no seu domicilio do lugar do Marco xa comentado. O 15 de febreiro de 1944 foi conmutada a pena imposta pola súa participación na fuga por un ano de prisión menor coas accesorias de suspensión de todo cargo e do dereito de sufraxio durante toda a condena. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966. Tras a súa saída do cárcere afastouse de toda activi- dade política e dedicouse ao seu traballo de labrego até a súa xubilación. Faleceu no seu domicilio do lugar do Marco o 7 de agosto de 1977.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=