Historia de Lérez

255 César Enrique González de la Ballina Casalderrey César Enrique López de la Ballina naceu o 10 de xullo de 1869 na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Cursou os estudos correspondentes á carreira de Medicina na Facultade de Santiago de Compostela, finalizándoa o 16 de xuño de 1894 coa cualificación de sobresaínte, cuxo título se lle expide o 14 de xu- llo do mesmo ano. Coléxiase no Colexio Médico de Pontevedra, asignándolle o número 33. Desde este momento comeza o exercicio da súa profesión na parroquia de Lérez e, o 17 de febreiro de 1898, o alcalde-presidente do Excelentísimo Concello de Pontevedra, por acordo da Xunta Mu- nicipal, en atención aos méritos e servizos de D. César Enrique López de la Ballina, desígnao Médico Titular de Asistencia Pública Domiciliaria do distrito de Alba deste municipio co haber de novecentas noventa e oito pesetas anuais. Durante corenta anos dedicou a súa vida ao servizo dos pacientes, renunciando a todas as fortunas e in- cluso á honra académica ao ser chamado polo pro- fesor Varela Radío para traballar xunto a el na súa cátedra da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, escollendo o duro camiño de médico dos pobres aos que non só abriu o seu consultorio, senón tamén a súa propia casa, sendo por iso coñe- cido entre os seus veciños como don Enrique, o pai dos pobres. Moitas foron as virtudes que atesouraba D. Enri- que. Ademais de médico, foi un incansable investi- gador, membro da Sociedade Arqueolóxica e patrón fundador do Museo de Pontevedra . Traballador in- fatigable, soubo facer da súa profesión unha verda- deira vocación, coidando co mesmo cariño e intere- se os pobres, que viron nel un grande amigo, que os ricos. O seu recordo segue a encher os camiños de Lérez que el tanto amou e para o que viviu con total en- trega. Vive aínda a impresión nobre e afable que D. Enrique causaba montando no seu “birlocho”, as 3 Don Enrique Ballina, médico dos pobres

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=