Historia de Lérez

256 rendas en mans do seu criado, camiño da cidade ou transitando camiños e corredoiras do rural, para le- var saúde ao enfermo e alivio ao necesitado, deixan- do non só o seu saber e bo facer á cabeceira do doente, senón tamén unha axuda económica de- baixo do cabezal dos máis necesitados para que pui- desen mercar as medicinas que lle aliviarían os seus males. Foi presidente do Ilustre Colexio Oficial de Médi- cos da Provincia de Pontevedra dende o 12 de no- vembro de 1917 ata o 17 de setembro de 1919. Do seu paso pola vida quedan aínda lembranzas de recoñecemento público á súa dedicación asis- tencial, como significa o seu nomeamento de Mé- dico de Honra da Beneficencia Municipal no ano 1937. Falece o 14 de novembro de 1938 e, no arquivo parroquial, na páxina 51 do libro IV de defuntos da parroquia de Lérez, despois da inscrición dos datos do finado, figura unha anotación do crego da parro- quia, D. Leandro del Río Carnota, que di: Por excepción, el párroco que suscribe ha de hacer notar las características de este feligrés. Era el señor Ballina médico titular, cargo que ejerció durante 40 años. Caballeroso, noble, excelente cristiano, sensible en extremo al dolor ajeno, puso todo su amor y celo en la asistencia a los pobres, prefiriéndolos en todo momento a los pudientes. Como que en épocas de epidemias se negaba en absoluto a atender a estos, ya que podían pagar los servicios de otro médico, si entre tanto tenía que visitar a los menesterosos. Los ingresos que obtenía por su cargo los empleaba en su mayor parte en aliviar la situación de los enfermos necesitados. Ni el frío, ni cualquier inclemencia del tiempo, ni sus propias dolencias, ni su cansancio fueron obstáculo para impendirle el cumplimiento de sus deberes. O 2 de novembro de 1940 tributóuselle unha ho- menaxe póstuma, bendicíndose no cemiterio de Lé- rez un mausoleo erixido a D. Enrique, financiado con achegas de compañeiros, Deputación Provin- cial, Concello de Pontevedra e veciños de diferente lugares de Lérez.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=