Historia de Lérez

275 Xosé Luis Estévez Solla Podemos considerar a Antonio Odriozola como un lerezán máis pola vinculación que tivo coa parro- quia, pois casou cunha lerezá da Pedra Picada, Do- lores Casalderrey Calvo. Aquí viviu, finou e descan- 330 O pai de Odriozola ademais de introdutor do cultivo da remolacha azucreira no país vasco, foi presidente da Deputación Foral de Álava. 331 Bolseiro no estranxeiro, pon en marcha a granxa experimental porcina. Casa en Pontevedra e permanece na cidade ata 1947, que visita con frecuencia. Catedrático de Zootecnia Animal na ESEA (Madrid 1966). (G.E.G. Tomo 23). sa no cemiterio de Lérez. Naceu o 1 de xuño de 1911, na Granxa Modelo (Arkaute-Vitoria) que seu pai 330 dirixía. Era de liñaxe vasca por parte do pai e navarra pola nai. Estuda dereito nas universidades de Madrid, Valla- dolid e, a incorporación a filas no 1936, fai que remate a carreira en 1940 en Santiago, mais non exerceu no ámbito xurídico. Antes da guerra as súas inquietudes intelectuais fano participar en Vi- toria na revista Cinco onde trata con García Lorca e, en Madrid, co ambiente da Residencia de Estu- diantes . Comeza a súa dedicación aos libros, sendo alicerce da famosa exposición de libros vascos orga- nizada pola Deputación alavesa en 1935, aspecto fundamental da súa vida do que falaremos de va- gar. A comezos da década dos corenta chega a Ponteve- dra, o seu irmán Miguel, enxeñeiro agrónomo 331 , incorporárase no 1929 á Misión Biolóxica de Gali- cia instalada xa en Salcedo. Este fala co director, Cruz Gallástegui, que lle procura para Antonio un posto de auxiliar administrativo. Este desenvolve un arquivo-biblioteca na institución (1943), conver- téndose no seu bibliotecario oficial desde 1964 ata a súa xubilación no 1981. 7 Antonio Mª Odriozola Pietas, un bibliófilo polifacético

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=