Historia de Lérez

276 Na Boa Vila vai ser un home coñecido pola súa bonhomía, con trato en todos os ambientes sociais. No Museo, a súa “segunda casa”, pasaba longas ho- ras no vello arquivo-biblioteca do edificio Fernán- dez López, baixando as lentes para mellor ver un documento e sempre acompañado do seu pesado cartafol negro con variado contido 332 , o mesmo que na Biblioteca Pública desde a instalada no vello Instituto ata o seu traslado ao edificio dos Fonseca e actual Arquivo Histórico Provincial. Tamén fre- cuentaba o Ateneo, a Sociedade Filharmónica e o Teatro Principal, pasando polo acougo das librarías e as animadas charlas ante unha cunca de ribeiro no Rianxo, ao saír do Museo, no Capacho , Chiruca, Maristas , As Nenas, naquela “ruta dos viños”, onde poucos sabían que estaban a falar cunha personali- dade mundial recoñecida no eido bibliográfico. Si sabían que se desprazaba coa súa bicicleta negra, como un sabio despistado, que non se levaba ben cos avances do automóbil nin coas novas tecno- loxías, que acudía a Pasarón na época do Hai que roelo en compañía da súa dona, Lola a Candiña, como un afeccionado máis, que entendía de came- lias, cogomelos e moitas cousas máis, e que fora un dos impulsores da posta en funcionamento do Te- leclub de Lérez nos anos setenta. Si, Odriozola, amigo entrañable de Jaime del Valle-Inclán 333 e ou- tros intelectuais e artistas, é o home de traxe gris, camisa abotoada case sempre sen gravata, cunha camelia ou flor ventureira sempre na lapela como en comuñón coa natureza, que camiñaba a carón 332 Un libro do trinque mercado en Seoane, as separatas adicadas por Norton, Schiavoou os Lavaud, as fotocopias derradeiras das follas do «Bre- viario Compostelano» rescatadas nun «Arquivo de Protocolos», o guión dunha conferencia para a Biblioteca Nacional, unha bolsiña de cogo- melos, outra cos ósos para os canciños que criaba en Lérez...VIII Adral, Filgueira Valverde, 1994, pp. 244-245. 333 R. Rozas. Diario de Pontevedra. 19-10-2015. 334 Diario de Pontevedra, 6-2-1973. dos xardíns de Casto Sampedro e da praza da Fe- rraría cara ao Museo polo paseo que hoxe lembra o seu nome. É un personaxe inesquecible para os que convivimos con el e lembramos multitude de anéc- dotas. De libros Hai feitos que nos quedan na memoria, un deles ten que ver cunha conferencia celebrada no salón do Liceo Casino que, presentada por don José Fil- gueira, pronuncia o presidente da RAE don Dáma- so Alonso verbo de O Realismo en Tirant lo Blanc 334 . En determinado momento, este comenta, que se en algo está equivocado tiña alí a don Antonio Odriozola que o podería corrixir. Efectivamente, este eminente bibliógrafo e erudito xa comezara súa dedicación aos libros e publicara Libros impre- sos en Bilbao por Matías Mares en 1934, do que o seu admirado bibliógrafo Antonio Rodríguez-Mo- ñino vaille facer unha recesión na Revista de Filo- loxía Española. Desde aí a súa vida estará dedicada á investigación bibliográfica que o levaba moitas veces a desprazarse por España adiante, naqueles asentos de madeira dos vellos trens, na procura de incunables e libros impresos en especial dos séculos XV e XVI. O seu prestixio neste eido indúcenos a comentar a relación que tiña con destacados espe- cialistas mundiais como foi o caso de Mackenzie -conservador do Museo Británico- e con F.J. Nor-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=