Historia de Lérez

281 Xosé Luis Estévez Solla “ Volvín calar, agora como un peto. Non sei se me enco- mendei a San Benitiño de Lérez... supoño que sí” , confesa Paz Andrade a Tucho Calvo 344 , recordando o episodio de Miskrela-Xauen no nadal de 1921, estando na guerra de Marrocos, á que fora destina- do desde Vigo co seu rexemento Murcia despois do desastre de Annual. A afección de pel que o alférez 344 Tucho Calvo, “Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX”. Ed Biblos, 1998. provisional lle diagnosticara, malia a desconformi- dade do tenente coronel que incluso o ameazou con devolvelo ao campamento, resultou útil para unha evacuación urxente dos doentes a Ceuta e Murcia, que o vai salvar. Despois vén a Madrid de permiso, xa por febreiro, onde estará con Ramón Cabanillas, Antonio Pala- cios e Basilio Álvarez. De seguida, marcha para Vigo e recibe a orde de presentarse no Hospital Militar onde, por sorte, é director Alfredo P. Viondi, con- cuñado de Castelao. Co seu informe e os dos alfére- ces-médicos amigos do hospital da VIII Rexión “lí- brano” de volver á cruenta guerra, pois diagnostícanlle un sopro no corazón e declárano inútil para o servizo activo. Valentín nacera en Lérez, no barrio do Socorro, o 23 de abril de 1898, na casa contigua á que vai vivir o seu tío Juan Bautista Andrade Tojeiro, pois a súa nai, Matilde, e mais este, naceran no convento, onde a súa avoa Rosario, vivía co seu tío frei Juan Arribas, prior dos monxes ata súa exclaustración. Rosario ca- sara con Manuel Andrade Carlín orixinario da zona do Ulla, en Carbia, señor de pazo herdado. O seu pai, Francisco Paz Cochón, foi concelleiro de Ponte- vedra, e o avó don Manuel Paz Torres era home in- fluínte tanto na vila como nas parroquias da contor- na. Mesmo lle quedou marcado a Valentín a 8 Valentín Paz Andrade, xurista, empresario, galeguista, escritor

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=