Historia de Lérez

282 comitiva do seu enterro con máis de cincuenta fra- des de Poio cos seus hábitos brancos que, con catro ou cinco anos, contemplara desde as fiestras do bal- cón da Casa do Cristo, onde moraba o defunto. Tivo Valentín tres irmás menores Matilde, Carmen e Castora que finou moi nova. Mais a morte da nai, aos nove anos, despois dun tempo doente, vai deixarlle unha profunda pegada, sombra que mesmo hoxe, ás veces, sinto mexerse á miña beira 345 . O seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade (1879-1930), vai ser o primeiro mestre na paixón polas letras 346 e o periodismo. Preséntalle a Castelao, cando o insig- ne rianxeiro vén destinado como funcionario de es- tatística a Pontevedra no 1916, e vai ser o seu discí- pulo no derradeiro curso de bacharelato no Instituto de Pontevedra. Doutro tío por parte pai, Roque Paz, republicano convicto, viralle o compro- miso pola sociedade. A época universitaria e o espertar galeguista No 1917, Valentín comeza na universidade santia- guesa os estudos de dereito que rematará no 1921. As súas tías volvían polos estudos de medicina, mais seu pai apoiou a súa decisión, igual que o tío poeta, partidarios dos estudos de leis. Vai ser fóra dos claustros cando esperte o espírito galeguista, que xa lle viña dos contactos na Boa Vila no faladoiro do 345 Tucho Calvo, op. cit. Páx 18. 346 Con outros poetas máis novos como Amado Carballo, Vidal Martínez, Casal del Rey e outros reuníanse, á beira da fervenza do Lérez a que podemos chamar Escola poética da Fillagosa . Paz-Andrade y Faro de Vigo “. Ceferino de Blas. Páx. 134. Fervenza citada xa por Sarmiento en “ Viaxe a Galicia“ (1745). café Moderno con Castelao, Losada... que o alcu- maban “o Mozo”. Intervén na II Asemblea Nacio- nalista Galega en 1919, en Santiago, e constitúe o Grupo Autonomista Galego de Estudantes ao abei- ro das Irmandades, sendo nomeado presidente. Consegue sacar á rúa, malia os atrancos, un mani- festo verbo da mocidade galeguista e comeza a par- ticipar en mitins, como no das eleccións a Cortes con Losada Diéguez, na Estrada. Á participación política e ao dereito, únese a súa vocación periodística que desenvolve colaborando na súa etapa universitaria co diario santiagués Gace- ta de Galicia , La Correspondencia Galega , co sema- nario La Provincia, onde é xefe de redacción (Pon- tevedra, 1917-1922), Faro de Vigo , e co Noroeste da Coruña, ao que envía crónicas das vivencias da gue- rra no norte da África da que falamos. Neste último xornal, onde tamén escribe Antón Villar Ponte, propóñenlle fundar en Vigo un xornal de informa- ción, Galicia , proposta que asume tras consultar co seu tío Juan Bautista e con Castelao. O primeiro número vai saír o 25 de xullo do 1922, día de Galicia, coa procura dunha rexeneración da sociedade no que a forza das imaxes de Castelao e autores como Risco, Blanco Torres... van ser deter- minantes na ampla difusión da nova publicación que ten como referente o diario El Sol. A chegada da ditadura de Primo de Rivera vai dificultar a liña do xornal e ao propio Valentín metérano na cadea uns días por defender a unión ferroviaria de Vigo con Francia (1924). Son de salientar as entrevistas, rea-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=