Historia de Lérez

45 Héitor Picallo Fuentes A Ángeles Tilve e a Ángela Comesaña, en agradecemento polas súas axudas, suxestións e amizade. Unha candea permanece acesa ao pé do mosteiro bieito, alumeando o cáliz do Lérez e deixando tras de si o perecedoiro fume do tempo. Alí, ao seu ca- rón, repousan as crónicas dunhas pedras que, cice- ladas con habilidade polo anónimo canteiro, con- feccionaron presenzas arquitectónicas como a torre e o castelo de Cedofeita. No lonxe repousa o cansa- zo dos arghinas que labraron con punteiro e maceta as formas graníticas humedecidas pola suor gremial e os aires das fragas, do río, da ría e do mar. As olo- rosas fragrancias e as percepcións visuais avísannos de que nos introducimos nunha xeografía de tran- sición, entre as atlánticas mareas e as montañas bretemosas, entre o mutante val do Lérez e a ría de Pontevedra. 6 Á. del CASTILLO LÓPEZ, Inventario monumental y artístico de Galicia (A Coruña 1987) p. 14. Este autor, ao tratar sobre a parroquia de Alba, sinala: “En los alrededores: Vestigios de la fortaleza medieval de Cedofeita, admirable punto de vista y lugar histórico, por la importancia que aquélla tuvo”. 7 H. FLÓREZ, España sagrada. Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España , t. XVII (Madrid 1789) pp. 61-63. Véxase tamén: X. ÁLVAREZ CASTRO, ‘Doazón do Mosteiro de San Salvador de Lérez polo Rei Ordoño II’, Cedofeita , n. 3 (1999) pp. 19-24. a. Século X: dende Ordoño II a Sancho II de Galiza Cedofeita foi a denominación coa que se identifi- cou aquela fortificación penedeira e, por extensión, o seu xiro, localizada na freguesía de San Salvador de Lérez, concretamente no lugar do Castelo, nas inmediacións así mesmo dos lindes con Santa Ma- ría de Alba 6 . As primeiras referencias As primeiras referencias documentais que posuí- mos sobre dela, de termos por guía a obra do reve- rendo pai Henrique Flórez, datan da época do rei Ordoño II de Galiza (910-924) 7 . Segundo o autor, o monarca dota o mosteiro de Lérez cun determi- nado patrimonio e o bispo Sisnando I de Iria (879- 919) asume que determinados conceptos territo- riais han ser competencia exclusiva da comunidade monacal. Flórez, afirma o seguinte sobre a súa loca- lización: 2 Cedofeita: castelo, xiro e espazo histórico

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=