Historia de Lérez

70 parecía sentirse a salvo, cando, desde o sur, chegaba a terra de Cedofeita e, de feito, sentiu unha inclina- ción especial por Guxilde. Cando decidiu viaxar a Braga para cometer o “pío latrocinio” dos corpos de san Fructuoso, san Silvestre, santa Susana e san Cu- cufate, tras lograr atravesar as augas tempestuosas do Miño, calmadas ante a presenza dos sagrados restos, emprendeu camiño a uña de cabalo cara a Compos- tela, para gañar tempo antes de que os bracarenses se decatasen da ausencia dos seus corpos santos. Con todo, permitiuse deter en Guxilde, unha vez atrave- sado o Lérez, onde sen dúbida, se sentía xa seguro, e desde alí enviou por diante os seus mensaxeiros para que preparasen coa debida pompa a cerimonia de entrada das reliquias en Compostela. 123 Fora o pro- pio arcebispo quen con anterioridade había arranca- do de manos laicas esa villa regia, y había enviado a sus propios campesinos a poblarla y cultivarla . 124 A carac- terización de Xelmírez como bispo rexenerador que imbúe a primeira parte da Historia Compostelana explica a proliferación desta topica restauradora, que adorna literariamente o feito real das tensións exis- tentes entre o poder laico e o relixioso no que atan- gue ao dominio do territorio. Xelmírez visitaría Guxilde unha outra vez, no curso dunha importante celebración que tivo lugar na igrexa de San Salvador de Lérez. 125 E a localización do evento veu determinada, de novo, pola segurida- de que supoñía atoparse na marxe dereita do Lérez. Conseguindo Xelmírez colocar a homes do seu con- torno en dúas dioceses veciñas –o arcediago Hugo 123 Historia Compostelana , XV. 4, Emma Falque Rey ed., Madrid, 1994, p. 98. 124 Historia Compostelana XXI, ed. cit ., p. 117. 125 Xosé Abilleira Sanmartín “Un texto do século XII sobre a presencia do bispo Xelmírez en Lérez”, Cedofeita , 7 (2003). 126 Historia Compostelana , I. 82..1, ed. cit ., pp. 198. como bispo de Porto e o tesoureiro Nuno Afonso como prelado mindoniense- o arcebispo de Braga propuxo que a súa consagración se realizase en Tui, na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, situada a medio camiño entre Compostela e Braga. Pero de- bido á inestabilidade política Xelmírez considerou que non era un lugar ben protexido. A pesar de que Portugal e Galicia atopábanse daquela baixo a mes- ma coroa, o Miño era atravesado a miúdo por tro- pas do alén do río. Ademais a diocese tudense esten- díase até o río Limia, e algúns prelados proviñan de Braga, razóns que levaron a Xelmírez considerar o Lérez como verdadeira fronteira. O arcebispo com- postelán logrou atraer o portugués ata o mosteiro pontevedrés para tratar más detenidamente con él de la desaparición de la discordia, del restablecimiento de la paz y la tranquilidad de las iglesias. 126 O autor da crónica narra como ...una vez celebrada la misa, el obispo de la sede apostólica visitó una finca suya, Guxilde, situada en un ameno paraje del valle junto al Lérez, y llevó consigo al obispo de Orense. Y en la iglesia de Lérez mandó que fuesen atendidos cuidadosamente el arzobispo junto con ambos obispos, elevados recientemente a la dignidad del episcopado y a otros que apreciaba...En aquel mesmo día, deliberando, el arzobispo y el obispo de Santiago largo tiempo, trataron del pacto de paz, de los intereses de las iglesias y de lo que pertenecía a la diócesis de Orense o

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=