Historia de Lérez

69 Rocío Sánchez Ameijeiras Os ríos foron suxeitos, pola súa propia fisicidade, a unha forte simbolización en todas as culturas. Baste recordar topónimos como Río Mao (Loimil, Ponte- vedra) o Rio Mau (Portugal) que implican unha inequívoca connotación negativa, ou o gran Guad- al-quivir, o Río Señor, que merece a admiración polo seu rico caudal. Pero os significados simbólicos xeralmente asociados a eles veñen derivados do seu carácter de fronteira natural. Como advertira Ar- nold van Geneep, as fronteiras, en todas as culturas, son lugares simbólicos que separan, pero que ade- mais invitan a ser atravesados, ou poden chegar a converterse en lugares de encontro. 120 Nestas breves páxinas tentarei rastrear nalgunhas fontes medievais a función fronteiriza que o Lérez, un “río bo”, des- empeñou no pasado. Como tal fronteira contou, desde polo menos o sé- culo X, cunha sorte de estrutura defensiva preto da súa desembocadura. Na marxe dereita, o bispado de Iria construíra a torre de Cedofeita – Citusfacta -, do- 120 Arnold van Gennep, The Rites of Pasage, Tr. M. B. Vizedom y G. L. Caffee, Chicago, 1960 (London, 1909). Un capítulo importante da obra foi reimpreso en Death, Mourning and Burial. A Cross-Cultural Reader , Antonius C. G. M. Robben ed., Oxford, 2004, pp. 213-223. 121 Xosé Abilleira Sanmartín, “O Castellum de Citofacta en Lérez. Uns comentarios sobre a súa documentación”, Cedofeita 3 (1999) cita o docu- mento do mosteiro de Lérez a partir da obra do padre Yepes , Crónica General de la Orden de San Benito , 1611: ad petram scriptam, que est in muro de Citifacta . Pregúntome se a transcrición de Yepes é fiable, sobre todo no relativo ao termo muro. Puido confundir “muro” con “xiro”, que é o termo ao que se fai referencia en todos os documentos posteriores. Isto non contradí o feito de que daquela debía existir unha sorte de estrutura defensiva. 122 Tumbo A de la catedral de Santiago , Manuel Lucas Álvarez ed., Santiago, 1998, pp. 146-149. cumentada por primeira vez no 916, no texto da doazón de Ordoño II ao mosteiro de Lérez, torre que debeu ser reparada fortemente en época do bis- po Sisnando (952-968) debido á ameaza dos nor- mandos que entón asolaban as costas galegas. 121 A comezos do século XI, nun documento de 1019 no que o rei leonés Afonso V esclarece ao bispo Vistrua- rio os dereitos da igrexa compostelá, cita entre as súas posesións villas que sunt in giro Citofacta et sunt de ecclesiario, id sunt: Serpenciones, Godegildi, Anseri- zi, uilla de Fonte, Sancta Maria de Elva, Sancta Ma- ria de Maurenti . 122 A definición do “xiro”, do territo- rios que estaba baixo a xurisdición de Cedofeita resulta de interese. O “xiro” incluía daquela Alba, Guxilde, Cerponzóns, Anseriz (?), pero tamén Mou- rente, aínda que estaba situada á outra beira do río. O que sería despois a vila de Pontevedra debía de limitarse a un pequeno asentamento carente de es- trutura defensiva de alcance, de modo que Cedofeita seguía sendo o centro neurálxico da xeografía defen- siva do río. A inicios do século seguinte, esta situa- ción non variara moito, pois do texto da Historia Compostelana cabe deducir que o arcebispo Xelmírez 3 Entre acordos e desacordos: o Lérez, unha fronteira medieval

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=