Historia de Lérez

80 entra no río Lérez, e de alí pola verea de Figueroa, e de alí pola finca maior, e de alí pola embocadura de Espiñeiro no río Elva, e de alí entra no prado como o propio río Elva no río de Lérez. E tamén engadimos alí homes da nosa servidume: a saber, Daraldo e Dosevio, habitantes na vila de Lé- rez e Sisnando, cos seus fillos Pepi e Lustario. E dous en Canoso, Sisnando e Anseredo. Todo isto concedemos e afirmamos e aseguramos a ti, abade Guntado e aos teus sucesores; a saber, o xa mencio- nado mosteiro, que ti fundaches na nosa propia propiedade, como quedou dito arriba, baixo os tér- minos xa ditos con todas as súas entradas e apéndi- ces, as herdades e servidumes que sirvan a este mos- teiro en perpetuidade. E é este mosteiro fundado na terra Saliniense por debaixo do castelo que era cha- mado Cedofeita nos antigos tempos, fluíndo nese lugar o río Lérez, baixo a diocese de Iria, sendo Sis- nando bispo de Iria e do lugar apostólico de San Iago, e que permaneza firmemente confirmado e defendido pola nosa autoridade e pola dos nosos sucesores que gobernen despois de nós no reino de Hispania, e sempre protexan e defendan este mos- teiro. E mandamos que ninguén, nin home nin príncipe, que gobernase terra saliniense, nin solda- do, requira aquí vasalos nin outra cousa nunca. E se con respecto a este noso espontáneo acto, al- guén, tanto da nosa familia de reis de Hispania como dos bispos que houbese na sé de Iria e o Lugar Apostólico de San Iago, o contradixese ou desfixese, atraído polo espírito diabólico, sexa entón separado da fe de Cristo a perpetuidade, excomungado do corpo e sangue do señor, e condenado pola sé roma- na, que é a nai da cristiandade, e anatematizado e 147 Segundo Fr. Henrique Florez e a maioría dos autores debería ser a era de DCCCCLIIII. [954]. somerxido a perpetuidade no inferno con Xudas traidor ao Señor, con Dathan e Abiron, aos que a terra tragou vivos, polo xuízo do noso Señor Xesús Cristo que virá na fin do mundo. E ademais disto, polo atrevemento pague 5 libras de ouro pola parte do rei e por caer na impostura faga fronte ao dobre e ao triplo. E permaneza sempre este mosteiro baixo a nosa protección e tutela e dos nosos sucesores, li- bre e tranquilo a perpetuidade. E é feito este documento polo Notario o día XVI das Calendas de Setembro correndo a era DCCC- CXXIIII. 147 E Nós, o rei Ordoño, coa nosa dona, a raíña dona Elvira, poñemos as nosas mans sobre esta serie de Documento e Privilexio. Eu, o rei Ordoño, confirmo esta doazón feita por min. Eu, a raíña Elvira, confirmo. Baixo o nome de Deus, Sisnando, bispo por gracia de Deus, confirmo. Brandericus, bispo de Tui // Sayaricus, bispo de Dumia // Recaredus, bispo de Lugo // Ermogius, bispo de Portugal // Martinus, bispo de Ourense // Froyla Ordonez // Sarracinus Nunez // Muninus Froylani // Assenati Furtuniz // Froyla Alurti // Athaulfus (diácono) // Zedón (diác.) // Sandinus (diác.) // Ermegildus (diác.) // Guimara (diác.) // Vistilla (diác.) // Vimara (presbítero) // Nunius (Diácono) // Vermundus (diác.) // Gundesindus (diác.) // Loytus (diác.) // Vistilla (diác.) // Adulfus

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=