Historia de Lérez

81 (diác.) // Fradamundus (diác.) // Visclaramundus (arquidiácono) // Adefonsus Gundisalvez // Aloyto // Abendus // Gundaricus // Ermegildus (diácono) // Sigeridus (abade). Eu, Adefonso, notario canónico do bispo D. Sis- nando na sé de Iria e Lugar Apostólico, escribín e confirmei. b. A formación do patrimonio Xosé Álvarez Castro Aínda que non se pode comparar cos grandes mos- teiros beneditinos, o de Lérez tivo un certo poder económico na comarca. Os seus bens sufriron alti- baixos nas distintas épocas, pero, en liñas xerais, a súa economía atendía ás características que trata- mos a continuación: O mosteiro, ao longo da historia, recibe doazóns de todo tipo de bens; estas teñen unha finalidade en principio piadosa pero, ás veces, responden a situa- cións máis complexas que as fan case obrigadas. Os doadores poden ser campesiños pero tamén reis e nobres. Por exemplo, o rei Sancho IV, a cambio de todos os privilexios concedidos, impón a obriga de que un frade dixese diariamente unha misa polos reis de España. Aparte de Ordoño II, hai documen- tación de doazóns e confirmacións feitas por Afon- so VII, Afonso X, Sancho IV, Fernando IV, os Reis Católicos, etc. Moitas veces, as disposicións dos monarcas consisten na exención do pago de impos- tos e semellantes. Así, no ano 1338, o rei Afonso XI ordena ao concello de Pontevedra: Por que vos mandamos [...] que daquí delante que non vayades nin enbiedes a los cotos del dicho monasterio a cortar llena nin madera, nin tomedes nin preyndedes vos nin outros por vos, nin mandedes tomar nin prender a los dichos abbat et conviento, nin a los sus omes nin a los que estudieren en el dicho monesterio e en los sus cotos, las cosas que tienen en el dicho monesterio nin en los sus cotos por las

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=