Historia de Lérez

82 dichas cocharadas et portagens nin por outra rason alguna... 148 As compras de terreos, casas, utensilios de culto,... son outra maneira de incrementar o patrimonio. Ao redor do século XIV, o mosteiro tiña 16 casas na cidade de Pontevedra; eran numerosas na Rúa do Rego (Rúa Real) pero tamén na Moureira, a Pedrei- ra ou santa Clara. Outras propiedades do mosteiro localízanse no pro- pio couto así como no que tiñan en Augasantas (Cotobade) onde percibía rendas de parroquias da zona (Tourón, Xustáns, A Lama, Corredoira, Car- balledo...) por terras, muíños, batáns, que se paga- ban nunha casa que alí posuían. Tamén tiña casa e dependencias destinadas ao cobro de rendas en Do- rrón, pois naquela zona posuía gran cantidade de bens. O ano 1139 o rei Afonso VII doara ao mos- teiro moitas terras en Raxó e o couto de Dorrón na terra do Salnés e baixo o castro que os antigos cha- maban Magaláns 149 , lugar e castro que se conservan na actualidade. Non está de máis lembrar que este mosteiro percibía rendas en numerosas zonas que hoxe son concellos da provincia pontevedresa: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, Meis, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vilaboa, entre outros. Nunha concordia de 1424 entre a vila de Ponteve- dra e o mosteiro para a venda de viño na vila, os frades dóanlle á vila un forno e a facultade para pas- tar e coller xunco no territorio de Lérez. 148 A.H.N. Clero-Secular_Regular. Car. 1787. Nº 22 149 “Et est isto couto in terra saliense subtus castrum quod ab antiquos temporibus vocitant Magalaes”

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=