Historia de Lérez

93 Xaime Iglesias González A orixe do mosteiro de Lérez sitúase, cando menos, no século X, pois no ano 916, o rei galego Ordoño II confirma a súa fundación no lugar de Espinare- to 152 , outorgándolle a Guntado, o primeiro abade de Lérez coñecido, un couto cos seus vasalos e al- gúns obxectos sagrados. Da lectura do texto que recolle este privilexio real 153 despréndese que, nesta data, xa existía en Lérez unha comunidade de frades que había ter unhas dependencias para se acubillar e, se cadra, unha igrexa onde rezar. A falta de docu- mentación non nos permite saber como eran elas, pero de teren algún valor artístico, serían de estilo prerrománico, talvez galiciense. En calquera caso, estas primitivas instalacións foron substituídas por outras de estilo románico, máis axeitadas ás necesi- dades do convento e acordes coas súas posibilidades económicas, daquela en alza. Elementos reutilizados Destas primeiras construcións non se conserva nada, a non ser certos materiais que se reutilizaron, 152 E s pinareto, Espinedelo e Canoso eran nomes que identificaban daquela o lugar onde se ergue o mosteiro de Lérez. 153 Deste texto, utilizo a tradución ao galego de Álvarez Castro, X. e Álvarez Pérez, X. A. (Revista Cedofeita . 1999, 19-24). 154 Para F. J. Sánchez Cantón (1945, 92) e Ángel del Castillo (1972, 281) trátase dun resto prerrománico, mentres que para Bango Torviso (1979, 183), é románico. Esta inscrición fora recollida por Ambrosio de Morales no século XVI e redescuberta en 1932 por Filgueira Valverde e Ángel del Castillo, debaixo de varias capas de cal. (Castillo, A. del, 1972, 280-281). 155 Tradución: No nome de Deus e en honra de San Salvador e Santa María Virxe e dos frades Mariña, Paio, Guntado e Brías. en especial, na fábrica da igrexa actual. En efecto, existen perpiaños con símbolos (cruces, cabezas de frecha, dobre escuadras...) dos canteiros medievais que traballaron nas antigas instalacións, así como algunhas datas e outras inscricións, concentradas maiormente no muro sur da igrexa. Neste paramento, cómpre destacar un perpiaño alongado gravado con cadrados coas súas diagonais e medianas, así como unha inscrición (s. X ou XI) 154 , en dúas liñas, separada polo arrinque dun arco transversal á arcada do claustro e flanqueada por rosetas de seis puntas, que nos dá a coñecer en honra de quen se levantara a igrexa anterior. A súa transcrición é: IN NE DE... HONORE SCI SALBATORIS ET SCE MA RIE VI... ET MARINA PELAGIO GONTATO ET BRIA FTR Lectura: In nomine Deus et in honore Sancti Salvatoris e Sanctae Mariae Virginis e Marina, Pelagio, Gontato et Bria fratres 155 . 7 Vestixios medievais no mosteiro de Lérez

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=