Historia de Lérez

94 Nesta mesma parede, tamén atopamos unha porta (hoxe cegada, que daba acceso á igrexa) coroada por un arco conopial, típico do século XV, aínda que tamén se empregou posteriormente. Malia tratarse dun accesorio, cómpre citar unha pía esculpida en pedra, cuxa forma lembra a dunha cuncha de vieira, que se atopa no exterior do mos- teiro para recoller o excedente de auga do convento e póla ao servizo de veciños e camiñantes. Séculos atrás, situábase nunha esquina do claustro e utilizá- base como lavatorio ao que acudían os frades para o aseo persoal, en especial, cando se dirixían ao refec- torio procedentes dos seus traballos. A datación desta singular peza é controvertida, pois mentres se ten apuntado o século XVIII, outros sitúana no sé- culo XIV. Unha xoia escultórica Da época medieval tamén se conserva no mosteiro de Lérez unha escultura tardorrománica que repre- senta a Xesús Salvador, que nos lembra o panto- crátor (todopoderoso) do Pórtico da Gloria da ca- tedral de Santiago, obra do Mestre Mateu 156 . Ambas as figuras, sedentes, con barba e melena, amosan as mans sangrantes, a causa dos cravos de suxeición á cruz, e unha ferida no costado, produ- cida pola lanza que acabaría coa vida de Xesús. Pero a imaxe de Lérez non leva coroa, os pregues da túnica son, se cadra, menos elaborados e nos laterais da cadeira aparecen arcos apuntados, que 156 Arquitecto e escultor da época románica que viviu entre os séculos XII e XIII. Traballou durante moito tempo na catedral de Santiago, sendo o Pórtico da Gloria unha das súas obras máis senlleiras. Co paso de tempo, discípulos do seu obradoiro organizaron talleres propios e realizaron obras por distintos puntos do noso país. de non seren tallados posteriormente, situarían a peza no século XIV. Con todo, as semellanzas per- miten pensar que esta imaxe pétrea ten un inequí- voco corte do románico compostelán e, con toda probabilidade, saíu da man dalgún dos discípulos do Mestre Mateu. Xesús Salvador.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=