Pontevedra, cidade amable.

MANUEL MUÍÑA Traumatólogo do Chop Andar é unha práctica recomendada polos médicos para ter unha vida san. —¿Que se perde unha persoa sedentaria desde o punto de vista da saúde? —Todo omundo debe facer actividade física, en todas as idades do individuo, desde que nace ata o final. Ten que ser unha actividade correlacionada coa idade, porque non se pode facer o mesmo aos 18 anos que aos 60, sempre con moderación e axustado ás súas características. Unha persoa sedentaria tende á obesidade e a actividade física mellora o desenvolvemento na adolescencia, aumenta a estrutura ósea «A actividad física mellora a tensión arterial e diminúe o colesterol e as graxas» POR M. GAGO e o aporte de cálceo aos osos, mellora tamén a tensión arterial e diminúe o colesterol e as graxas. —¿Canto tempo é recomendable comomedia ao día para unha actividade física saudable? —Os mozos xa fan esa actividade por si sos, e é bo que sigan nesa liña. Unha hora ao día é o correcto para unha persoa moza e en idades máis medianas, a partir dos corenta, cando empezamos a facer unha vida máis sedentaria, sería convinte unha actividade diaria demedia hora. Nonme refiro a facer deporte, con camiñar xa é suficiente. E tamén unha persoa mozo que faga deporte, Muíña é xefe de servizo no Chop | CAPOTILLO na idade adulta terá máis fácil facer actividade física. —¿Tan importante é algo tan sinxelo como camiñar? —Si, andar soluciona bastantes problemas. Está demostrado que hai unhamenor tendencia ao infarto, que diminúe o colesterol e a obesidade, que aumenta a masa muscular e o calcio e que as articulacións deixan de anquilosarse. —¿E en que momentos é mellor? —Hai que evitar as horas centrais do día, sobre todo entre as doce e as catro. A deambulación pola mañá e un bo almorzo é o máis recomendable. 18 Pontevedra, cidade amable Sendas verdes É ademais unha actividade física que o corpo e a mente agradecen. Os profesionais da Medicina destacan a importancia dos paseos para manter vivo e en bo estado tanto o corpo como o espírito. E nisto Pontevedra é tan variada como o menú dun restaurante. A oferta é ampla e preparada para todos os gustos. O paseo fluvial dos Gafos concede aos veciños e aos visitantes a opción de esquecerse, durante o tempo que empregan en atravesalo, do asfalto e do cemento das rúas a escasos metros, mentres se atopan inmersos nas árbores ou paseando por algún dos pasos elevados sobre o río. O outro gran cauce pontevedrés, o Lérez, pode seguirse nas súas dúas beiO deseño de cidade en Pontevedra préstase para disfrutar camiñando. O centro histórico, liberado da carga máis pesada do tráfico, é unha delicia á vista, permitindo descubrir ao peón detalles da arquitectura das rúas que non deixarán de sorprender, por moito que se teñan percorrido durante anos. Entrelazado co centro urbano e os barrios novos da cidade, un cinturón azul, da cor dos ríos, e verde, das sendas de árbores e xardíns, invita a deixar a un lado o coche e a andar, camiñar polos trazados peonís que ofrecen en Pontevedra unha oportunidade única. POR MARCOS GAGO ras, do mesmo xeito que tamén pode atravesarse varias veces seguindo os pasos para peóns en cada sentido, segundo a preferencia dos viandantes. Esas mesmas pontes son todas distintas e cada unha ofrece unha visión diferente da cidade, co que de igual forma que un peón fai exercicio, tamén pode ter unha visión dos barrios da cidade e dun río que recuperou gran parte do seu esplendor natural. Omáis frecuentado Estes paseos son populares, pero a Illa das Esculturas e o entorno do Lérez desde a ponte dos Tirantes ata augas arriba é un dos máis frecuentados por veciños e visitantes. Nestas zonas dun curso fluvial do Lérez tranquilo, xunto ao campus universitario ou a praia fluvial de Monte Porreiro, o viandante pode atoparse en cuestións de poucos minutos no medio dun bosque de ribeira que lle oculta a vista da cidade e onde pode osixenarse e distenderse sen preocupacións. A actividade física é boa, recomendable, e en Pontevedra, cidade con vocaciónmarítima desde a IdadeMedia, iso tamén se percibe no paseo das Corbaceiras, que partindo do antigo peirao da cidade, leva ao peón ata Mollavao. Aquí, onde a auga doce do río mistúrase coa salada do mar, as postas de sol no mar coa illa de Tambo ao fondo invitan a reflexión, a tranquilidade ou sinxelamente a pasar un bo tempo, paseando só ou con amigos. Unentornoparacamiñar esentirsesan Dous dos espazos recomendados para o paseo son o entorno da Illa das Esculturas, ao carón do Lérez, e tamén a senda fluvial do río dos Gafos. Ámbolos dous espazos serven como unha forma de desconectar coa cidade de asfalto e ladrillo e disfrutar da natureza | CAPOTILLO / F. SANTIAGO

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=