Pontevedra, cidade amable.

Servizos baixo os nosos pés, o cambio que non se ve Unha rede de tubaxes e cabos, oculta aos peóns, facilita unha vida máis agradable aos cidadáns oculta aos ollos dos veciños, unha rede de quilómetros e quilómetros de cabos e tubaxes percorren o subsolo de Pontevedra. É o resultado dunha reforma urbana que se estende baixo os pés dos viandantes e que rivaliza coa de superficie pola súa complexidade técnica e a súa contía económica. Pontevedra é máis amable porque o Concello priorizou tamén a renovación dos seus servizos. É un plan tan ambicioso que se vén realizando por fases desde hai varios mandatos, transformando as prestacións nas vivendas e nas rúas da cidade. As molestas zanxas nas rúas durante as obras tiveron como consecuencia unha mellora substancial da vida dos veciños ao remate dos seus traballos. E é unha infraestrutura que durará décadas. Nas galerías soterradas que existen por toda a cidade, e coma o tecido dunha araña, as conducións subterráneas esconden da vista de veciños e visitantes ata sete tubaxes e cabos de servizos distintos. Recollida separativa de pluviais e fecais, cabo, auga, gas natural, teléfono, subministro eléctrico ás vivendas e alumeado público ás rúas. Todo unmundo paralelo para facilitar a vida que se desenvolve a poucos metros arriba. Todas as construcións novas na cidade teñen en conta o soterramento dos servizos. Nas rúas de recente apertura, nos barrios renovados e tamén no centro histórico aplícase unha filosofía desde o goberno municipal que prima a calidade de vida dos veciños, o respecto á estética da rúa e a colocación de servizos adecuados ás necesidades modernas. A concelleira Carme da Silva aínda recorda aqueles anos en que as roturas de auga eran frecuentes por unhas tubaxes de fibrocemento, vellas ou de pequena capacidade. Iso quedou para o anecdotario. Pontevedra dispón na maioría das súas rúas dunha rede de condución de auga moderna, adaptada á modernidade. Asemade, poucos dos viandantes que pasean polas avenidas do Uruguai e Bos Aires saben que circulan por riba dunha ampla galería na que tamén discorre a condución da auga en alta do Lérez para a cidade e para as vilas do entorno. Unha transformación similar experimentou a rede de recollida de augas. Salvo en ocasións moi puntuais por verdadeiras trombas de auga, a separación da canalización das augas de chuvia, que verten agora aos ríos, e das fecais, que van directamente á EDAR de Os Praceres, puxo fin ás inundacións na cidade. Non só iso. Os ríos Lérez e Gafos gañaron en calidade ao acabarse con ducias de vertidos. Ata vinte mil metros de cabos de electricidade colgaban das rúas do centro monumental de Pontevedra ata tempos recentes. A reforma urbana comezou tamén a desenvolverse neste entorno e enmoitas destas rúas, os quilómetros de cabo aéreos deixaron de estar á vista dos viandantes para pasar a esa cidade subterránea. Trátase dunha operación complexa porque hai que desmontar miles de grapas de suxeición e á vez manter o servizo ás casas. Estes son algúns dos cambios que melloraron o aspecto de Pontevedra, pero tamén tiveron outras consecuencias económicas, como un menor gasto por avarías, e facilitou a xestión dos recursos públicos, un reto para as Administracións. POR MARCOS GAGO 1 Unha das grandes melloras realizadas nos últimos anos foi a renovación da maioría dos servizos que percorren o subsolo da cidade 2 O tendido aéreo que cubría como un tecido gran parte das rúas e afeaba o centro histórico desapareceu da vista dos peóns 3 Poucos veciños saben que debaixo dos seus pés na avenida de Bos Aires esténdese unha ampla galería que da paso a máis de sete conducións 1 2 3 19 7 DE SEPTIEMBRE DEL 2013 Reforma subterránea

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=