Pontevedra, cidade amable.

20 Pontevedra, cidade amable O comercio Hostalería OS BARES DINAMIZAN AS COMPRAS. Os comerciantes comparan a oferta de Pontevedra coas dun centro comercial. Se nas grades superficies contan cunha planta para hostalería, outra de supermercados e unha para comercios, o centro da cidade oferta estes tres campos no casco urbano. Os bares e as cafeterías das prazas da Leña, a Verdura ou Curros Enríquez dinamizan as compras dos pontevedreses. Supermercados TODA A OFERTA NA CIDADE. Neste símil que se fai cos grandes centros comerciais, os comerciantes defenden a compra de alimentación tamén no casco urbano. Aseguran que a oferta está en calquera recuncho da cidade, desde pequenas tendas familiares ata cadeas de supermercados locais. O único centro comercial da cidade ten no seu hipermercado a única razón de ser e o reclamo para os pontevedreses. Comercio DÚAS ZONAS FORTES NA CIDADE. O comercio repártese entre a zona monumental e o entorno de Benito Corbal, máis coñecida como a «milla de oro» de Pontevedra. Antes de Nadal será peonalizada no tramo onde están as principais tendas. Os comerciantes das rúas Cruz Gallástegui e Castelao pediron ao Concello que tamén eliminasen o tráfico para non quedarse atrás e seguir sendo fortes. Pontevedra rexeita o modelo comercial das grandes superficies que proliferan nas cidades galegas. O modelo que funciona nas principais urbes afástase do que defende a capital do Lérez. Aquí, en Pontevedra, a aposta é potenciar o pequeno comercio e convertelo nun dinamizador da cidade. Facer forte os establecementos do centro urbano é a filosofía que impera. A cidade conta no seu termo municipal cunha única gran superficie, o centro comercial de San Blas. Con 17 locais, incluíndo un hipermercado—a súa razón de ser— está entre os máis pequenos de Galicia. A este, habería que sumar o centro comercial ABarca, que está só cruzando a ponte domesmo nome, no municipio de Poio, e conta con medio centenar de establecementos. A maioría das tendas, por tanto, están no casco urbano de Pontevedra, onde o sector xera preto de oito mil postos de traballo. Oentorno de BenitoCorbal e a zona monumental dan forma a esta aposta por defender ao pequeno comerciante. Nas rúas converxen locais conmáis de cen anos de historia coas tendas de compañías multinacionais. Este conglomerado é o que converte a Pontevedra no epicentro das compras, non só das súas parroquias, senón tamén da comarca. Para comprobar si a sensación da rúa é real, a Asociación de Empresarios de la Pequeña yMediana Empresa (Aempe) fixo unha enquisa entre 32.000 compradores na que case un 30 % eran de fora de Pontevedra. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, recalcou en numerosas ocasións que está «orgulloso» de facer unha aposta clara polo comercio de proximidade que xera «emprego e riqueza» para a cidade. Peonalización racional O presidente de Zona Monumental, Miguel Lago, sinala que este modelo de cidade que prioriza o comercio pequeno é «a aposta de moitas cidades. Apeonalización racional é a forma de crear unha cidade». Desde o centro comercial urbanodefenden este deseño que potencia os aparcamentos disuasorios e reduce o impacto dos centros comerciais. Aseguran que a oferta que teñen de hostalería, supermercados e tendas está perfectamente distribuída pola cidade. Así, explica Lago, as cafeterías e bares concéntranse no entorno das prazas da Verdura ou da Leña, mentres as tendas máis comerciais érguense enBenitoCorbal, nas rúas próximas e no entornoda Peregrina e A Ferrería. Esta distribución ten ademais, dous grandes bloques. Un dedicado ás tendas do grupo Inditex e outras multinacionais na parte POR NIEVES D. AMIL La Moderna é un dos locais máis antigos que representa ben a aposta local | CAPOTILLO O sector do comercio xera preto de oito mil postos de traballo na cidade Aaposta local potencia aopequeno comerciante moderna da cidade e a parte máis tradicional, na zona vella. Por primeira vez na historia da cidade os comerciantes da rúa Castelao e Cruz Gallástegui solicitaron ao Concello a súa peonalización para non quedarse atrás respecto a Benito Corbal, que eliminará o tráfico antes de Nadal no tramo onde se atopan os principais establecementos comerciais. Máis forte que outras cidades Este modelo de cidade funciona, non só por ser referente na comarca, senón porque aínda que están afectados pola crise, o número de comercios mantense arredor dos 1.700. Mostra disto é o número de autónomos dados de alta na cidade. Cun censo de máis de cincomil traballadores por conta propia, case un 30 % deles dedícanse ao comercio. Ante estes datos parece que a opinión xeneralizada de que o sector pontevedrés está resistindomellor a crise, é real. Boa parte da responsabilidade hai que achacala á política municipal de apostar polo pequeno comercio tradicional fronte ás grandes superficies. Este modelo urbano contenta a representantes comerciais e autónomos, que ven como Pontevedra é a única capital galega onde crece o número de traballadores por conta propia. O 40 % son mulleres, o que sitúa a capital do Lérez dez puntos por enriba damedia galega.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=