PREMIO ONU HABITAT - page 14

Leccións aprendidas
Primeira
As cidades, ás veces caóticas, ásperas, contaminantes,
sempre complexas, poden ser transformadas e
convertidas en cidades amables, ecolóxicas, sostibles,
seguras, cómodas, integradoras e inclusivas. Nunprazo
máis breveque longo, condecisión, conparticipación e
coas prioridades claras ebendefinidas éposible levar a
efectounha verdadeira transformación.
Segunda
Cada cidade, para acadar osmesmos obxectivos, ten
quedefinir unmodelo e unhas solucións propias. Os
resultadosmáismediocres adoitan estar asociados á
extrapolaciónde solucións alleas quedificilmente se
adaptan a un contextodistinto.
Terceira
Todas as experiencias epropostas teóricas poden e
deben ser tidas en contapara elaborar omodelopropio
de cada cidade: tráfico calmado, vida independente,
a cidade como centrode socialización, o urbanismo
reflexivo, a autonomíada infancia, amobilidade e
accesibilidadepara todos, o comerciode cercanía, etc.
A situación actual, as dinámicas urbanas, a idiosincrasia
de cada cidade, as aspiracións colectivas, todas elas
debendefinir oproxecto escoitando sempre todas as
aportacións.
Cuarta
O forte, oque gozade certos privilexios explícitos ou
implícitos, ten serias dificultades para compartir o seu
espazo e renunciar ás súas prebendas. Trátasedo
automobilista fronte opeatón; oque se atopa física e
sensorialmenteben, fronte oque ten limitacións; o adulto
fronte o ancián e o neno; oque ten lugares de residencia
e/ou esparcimento fórada cidade, fronte oque non
os ten, etc. Élles difícil renunciar a certos usos dos
espazos públicos en favor dapluralidade, da integración
eda equidade. Así xurden asmaiores dificultades e
resistencias a unModelodeCidadeCentrado nas
Personas. Estas son as principais resistencias que hai
que vencer.
1...,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13 15,16,17,18,19,20
Powered by FlippingBook