TEU Pontevedra - page 10

O alumeado público e resto do
mobiliario son compoñentes dunhas
boas condicións de seguridade, pois
contribúen a crear espazos nos que se
cumpre o obxectivo de que o espazo
público (a rúa) sexa a continuación do
privado (a casa de cada un).
Acces i b i l i dade
Segu r i dade
PARA TODAS E TODOS
Plataformas únicas e
lombos son os principais
recursos para mellorar a
circulación das persoas
con di cultades. E
fundamental dispoñer de
anchas beirarrúas ou rúas
con poucos coches, para
incrementar a facilidade
de circulación. Todas e
todos temos dereito a
unha vida independente.
Os lombos teñen tamén unha diensión
psicolóxica: cando o paso de peóns
non ten lombo, é o peón o que“baixa”
ao espazo do automóbil. En troques,
cando hai un lombo, é o coche o que
“invade”o nivel peonil.
Tan t a v i da
Unha das razóns de que
Pontevedra sexa unha cidade
segura é a enorme vida que
se fai na rúa.
Tanto os
desprazamentos das persoas
(a pé ou en bici) como as
terrazas de hostelaría e as
múltiples actividades que
teñen lugar nos espazos
públicos axudan a manter un
clima de seguridade.
Atrás
quedan os episodios de
marxinalidade que enchían
algunhas zonas do Centro
Histórico
1,2,3,4,5,6,7,8,9 11,12,13,14,15,16,17,18
Powered by FlippingBook