As ARBORES da cidade - page 114

Sinónimos
:
Citrus vulgaris
Risso.
Nomes populares
:
gal
.:
laranxeiro de Po, laranxeira
amarga, azar;
cast
.: naranjo
amargo, naranjo agrio, naranjo
de Sevilla.
Etimoloxía
: o xénero é o nome
dado polos romanos a estas
árbores, que procede da
palabra grega
kitros,
e o
epíteto específico deriva
do latín
aurantium
,
dourado, pola cor
dos froitos.
Familia
:
Rutaceae
Orixe
: sueste de
Asia.
Utilidades e
curiosidades
:
árbore
interesante como
ornamental polas
súas flores brancas
arrecendentes (flores
de azar) e os seus froitos
(as chamadas localmente
laranxas de Po)
, que son de cor
alaranxada e amargos e úsanse
para facer amarmelada de
laranxa amarga.As flores de azar, arrecendentes, utilízanse para a extracción, por destilación,
dunha esencia coñecida co nome de“esencia de néroli”, na honra da princesa deNerola,Ana
María de LaTremoille deNoirmoutier, que a introduciu en Francia cara a 1680 e que émoi
apreciada en perfumaría.A auga recuperada despois da extracción desta esencia é a famosa
“auga de azar”.A“esencia de petitgrain”,menos apreciada, obtense da destilación das follas
dos gomos novos. O principal problema que presentan, como o resto dos cítricos enmaior ou
menor medida, é a tendencia que teñen a ser atacadas as follas, pólas e froitos por insectos
(cochinillas, pulgóns…) e fungos (fumaxina) o que fai que sexa necesario aplicarlles produtos
fitosanitarios conmoita frecuencia. Serve de patrón ou portaenxertos para outros cítricos.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera cando florea e en outono-inverno, cando
madurecen os seus froitos.
Localización e número de exemplares
: xardíns deVincenti (parque das palmeiras) (15);
avenida deMarín (10); praza de Curros Enríquez (8); praza doTeucro (11); rúa da Cruz
Vermella (7); rúa Santa Clara (11); rúa Cobián Roffignac (1); rúaVirxe do Camiño (13); rúa
Víctor SaidArmesto (7); rúa Rosalía de Castro (18); praza do Peirao (9); rúa Peregrina (6);
rúa SanAmaro (4); avenida de Lugo (11);Padre Fernando Olmedo (3); IESAXunqueira I (1);
rúaManuel CuñaNovás (7); rúa Fedrigo (3); avenida doUruguai (1); rúa Fernando II (3).
Pontevedra_As árbores da cidade
Citrusaurantium
L. subsp.
aurantium
82
Anxiospermas
a
b
1...,104,105,106,107,108,109,110,111,112,113 115,116,117,118,119,120,121,122,123,124,...320
Powered by FlippingBook