As AVES da cidade - page 25

Distribuciónehábitat.Abundancia.
Global.
Distribuída por boa parte do sur e centro de Europa, África, sur e
lestedeAsiaeAustralia.Residenteouparcialmentemigratoria.Común (Del
Hoyo
et al.
, 1992).
Península Ibérica. Galicia.
Existen varias colonias de cría concentradas
nocuadrantesuroeste,connumerosas localidadesdenidificación taménno
litoral mediterráneo, val do Ebro e do Douro e Baleares. Recente cría de
parellas en colonias ailladas na costa cántabro-atlántica ibérica desde o
País Basco ata Portugal. En Galicia atópase como non reprodutor por boa
parte da franxa costeira e rara vez en humidais do interior. As mellores
concentracións rexístranse nas rías de Ortigueira, Ferrol e, sobre todo,
Arousa. Unha única colonia coñecida (anos 2009 e 2010) na ría deArousa
(M. Lorenzo, com. pers.).
Área de estudo.
Obsérvanse exemplares aillados ou pequenos grupos ao
longodoanonosarredoresda illadasEsculturas,no treitofinal do ríoLérez
e, sobre todo, na zona intermareal frente a Lourido e Mollabao, onde as
cifrasmáis elevadas poden oscilar entre 11 e 17 exemplares, aínda que o
18/11/2009 víronse 24 garzotas (E. González, com. pers.). Moi rara vez
remontan o río máis alá da ponte do ferrocarril en Monteporreiro (P.
Sanmartín, com.pers
.
).NaXunqueiradeAlba semellaescasa, cunmáximo
de tresexemplaresacomezosdeoutubrode2008epresenza regular entre
xullo e outubro (anos 2008 e 2009) (Cabaleiro Barroso, 2008a). Tamén se
observaron ata tres exemplares no treito final do río Rons (P. Sanmartín,
com. pers
.
). Na lagoa deAlba houbo dous exemplares en outubro de 2007
e citas esporádicas noutros anos (P. Sanmartín, com. pers
.
; datos propios).
Xestióndaespecie.
É importante evitar a contaminación das augas das lagoas, e tamén
calquera tipodeactividades lúdicasquepoidanmolestar aestaselegantes
aves, como embarcacións demotor.
Mapa de distribución da
garzota
(
Egretta garzetta
) en Pontevedra nos anos 2008 a
2010.
1...,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24 26,27,28,29,30,31,32,33,34,35,...170
Powered by FlippingBook