As AVES da cidade - page 21

Distribuciónehábitat.Abundancia.
Global.
Distribuídopor case todaEurasia,AméricadoNorteenortedeÁfrica
(agás no Sahara). Residente ou parcialmentemigratorio. Común (Del Hoyo
et al.
, 1992).
Península Ibérica. Galicia.
Moi difundido por toda a Península,
especialmentenas costas,metade occidental e val doEbro. EnGalicia cría
por case todoopaís, ocupando todo tipodemasasacuáticasnonpoluídas,
tranquilas e con abondosa vexetación de ribeira.
Área de estudo.
En Pontevedra nidifican varias parellas no complexo
XunqueiradeAlba-ríoRons-ríoLérez.Taménpodecríar noesteirodoGafos.
As cifras máis alta de aves salvaxes rexistráronse o 15/10/2004, con 53
aves na Xunqueira de Alba e o 14/8/2008 con 41 exemplares nomesmo
lugar (V. X. Cabaleiro, com. pers.). Aomenos parte das aves da Xunqueira
voan á ría ao anoitecer. Nos arredores da ponte daAP-9 sobre o río Lérez,
foron contados 136 alavancos o 31/1/2007 (E. González, 2007). Como
nidificantes, confirmouse a cría na lagoa de Alba; a produtividade neste
lugar no2007 foi aseguinte:o18/4/2007unhaparellacunpoliño,outracon
dous e outra con catro; o 22/4/2007 unha femia con nove poliños, unha
parella con dous e outra con catro (P. Sanmartín, com. pers.). Houbo unha
captura para anelamento na Xunqueira de Alba entre xullo e outubro de
2008 (CabaleiroBarroso, 2008a).O14/4/2010 localizouse unha femia con
doce crías na lagoa de Alba (E. González, 2010.). Existen numerosos
exemplares semidomésticos,moitas veces estirpes de granxa.
Xestióndaespecie.
Comoactuaciónspropostasparaconservar estaave,estáo regular dexeito
efectivo a caza da especie naqueles lugares onde aínda se exerza, unha
vez que esta pode facer diminuir as poboacións de modo significativo e
ademais, producir a contaminación con chumbo destes espazos. É
asimesmo importantenonpoluir asaugasdas lagoase ríos,e taménevitar
calquera tipodeactividades lúdicas (comoembarcaciónsdemotor,kitesurf)
que poidanprexudicar á cría da especie nasmencionadas zonas húmidas.
Por último,sería interesanteplanificar a retiradadosexemplaresdomésticos
e híbridos presentes en semiliberdade na zona de estudo.
Mapa de distribucióndo
lavanco
(
Anas platyrhynchos
) enPontevedra nos anos 2008 a
2010.
(Seguenapáx. 132)
1...,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20 22,23,24,25,26,27,28,29,30,31,...170
Powered by FlippingBook