As AVES da cidade - page 16

Distribuciónehábitat.Abundancia.
Global.
Distribuído por América do Norte ao sur ata as Rochosas;
introducido no noroeste e norte de Europa e Nova Celandia. Parcialmente
migratorio (Del Hoyo
et al.
, 1992).
Península Ibérica. Galicia.
Relativamente común en colecións, aparecen
algunhas aves presumiblemente escapadas enmoitas zonas húmidas, se
ben algúns individuos puidesen proceder das poboacións introducidas no
resto de Europa (xa ben asentadas desde o século XVII). En Galicia o
escenarioé semellante,ondeospoucos rexistrosobtidosasígnanseaaves
escapadas ou introducidas.
Área de estudo.
Un exemplar apareceu a finais de 2006 no río Lérez,
portando una anela de colección (P. Sanmartín, com. pers
.
). Foi observado
nos seguintesmeses, primeiro no contorno da illa das Esculturas, logo no
cercano intermareal de Lourido (Poio) e despois (na primavera) preto da
ponte do ferrocarril en Monteporreiro, para volver ser visto no inverno
2007/2008 na illa das Esculturas e na enseada da Seca (Poio) (Sanmartín,
2006; E. González, 2007; E. González, com. pers
.
; M. Freire, com. pers.).
Descoñécese se foi ceibado na zona do Lérez ou ben procede dalgunha
coleciónpróxima.Nonseobtivoningunhaobservacióndaespecieen2010.
Xestióndaespecie.
Evitar a introdución de máis exemplares na zona, unha vez que é unha
especie alóctona.
Mapadedistribucióndo
gansodoCanadá
(
Brantacanadensis
) enPontevedranosanos
2008 e 2009. Sen rexistros no ano 2010.
1...,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15 17,18,19,20,21,22,23,24,25,26,...170
Powered by FlippingBook