As ARBORES da cidade - page 10

TERMOSUSADOS
En cada unha das fichas elaboradas para cada planta úsanse os termos que explicamos de
seguido:
Xénero e especie.Familia
Para asignar un nome científico a un ser vivo, segue a usarse na actualidade a nomenclatura
binomial proposta por KarlVon Linné (
Linneo
(L.)) en 1753, que se basea no uso de nomes
científicos formados por dúas palabras, escritas en latín e concordantes entre si en xénero e
número. Por exemplo, en
Fagus sylvatica
, o primeiro nome escríbese enmaiúscula e o segundo,
obrigatoriamente, enminúscula
.
O primeiro vocábulo,
Fagus
, refírese ao
xénero
e o segundo,
sylvatica
, ao
epíteto específico
; ao conxunto das dúas palabras chamámoslle
especie
.As dúas
palabras escríbense en cursiva (itálica), salvo na cabeceira dun texto, que poden escribirse en
letra grosa. Despois destas dúas palabras aparece o nome dos autores, os científicos que
descubriron e describiron esa planta e, enmoitos casos, aqueles que fixeron algunha
modificación sobre o nome científico (cambio de xénero,...): neste caso, o nome dos que
descubriron a planta en cuestión irían entre parénteses e os segundos de seguido. Por outra
parte, englobando varios xéneros temos a familia
,
cuxos nomes acaban en –
aceae.
Subespecie,híbrido, variedade e cultívar
A
subespecie
(subsp.) e
variedade
(var.) son categorías inferiores á da especie, e tamén se
poñen ao final o nome dos seus autores ou aqueles que fixeran algunhamodificación sobre este
nome.
Tamén temos outros casos, como son os
híbridos
e, en xardinaría, os
cultívares
.Así un híbrido
entre dúas especies domesmo xénero indícase cun“x”antes do epíteto específico, por exemplo,
Juniperus xmedia
, ou coas dúas especies que o forman, separados polo antedito x.Mentres que
se o híbrido é entre dous xéneros, anteponse dito signo ao novo xénero, por exemplo, x
Cupressocyparis
(híbrido entre
Cupressus
e
Chamaecyparis
). Os cultívares distínguense
claramente dos demais por algún carácter (morfolóxico, fisiolóxico, citolóxico, químico ou doutro
tipo), e transmiten estes caracteres diferenciais á súa descendencia (sexual ou asexualmente).
Subsisten dificilmente de forma natural, polo que se adoitan reproducir por gallo ou estaca.Ao
igual que as especies, subespecies, híbridos ou variedades, escríbense en letra cursiva (itálica) e
entre aspas (por exemplo,
Populus nigra
Italica
’) ou precedidos da abreviatura cv. (en inglés
cultivated variety
), por exemplo
Populus nigra
cv.
Italica,
pero sen nomes de autor ao final.
Tratamos nesta publicación de identificar os cultívares que vimos que se axustaban con
claridade ás descricións dispoñibles dos mesmos,mais nos casos que tivemos dúbidas quedaron
identificados a nivel de especie.
Taxon
A palabra
taxon
(
taxa
en plural, en latín; taxons, en galego) é un termo xenérico que se refire a
unha unidade taxonómica de calquera xerarquía (especie, subespecie, variedade ou cultívar).
Sinónimos
Cítanse só aqueles outros nomes científicos para omesmo taxon que tamén se usen aínda ou
que consideremos que chegaron a usarse nalgúnmomento da historia. Non é unha listaxe
exhaustiva de sinónimos.
Nomes populares
Citamos os principais nomes vulgares, en galego (
gal
.) (incluímos tamén algún nome de uso
local) e en castelán (
cast
.).
1,2,3,4,5,6,7,8,9 11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,...320
Powered by FlippingBook