As ARBORES da cidade - page 131

Pontevedra_As árbores da cidade
Elaeagnusx reflexa
Morren&Decne
98
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal.
: eleagno reflexo;
cast
.: eleagno reflejo.
Etimoloxía
: o nome do xénero provén do grego
elaiagnos
(nome dunha árbore ou arbusto
mediterráneo, probablemente o salgueiro cabrún (
Salix caprea
) ou a especie denominada en
castelán“sauzgatillo” (
Vitex agnus-castus
)), e derivado de
elaia,
a oliveira, e de
agnos
, sacro,
santo e tamén omesmo
Vitex agnus-castus
. O epíteto específico vén do latín
reflexus
, reflexo,
probablemente en referencia ao ángulo de inclinación das póliñas.
Familia
: Elaeagnaceae.
Orixe
: híbrido natural entre
E. glabra
Thunb. e
E. pungens
Thunb., probablemente orixinario de
Xapón.
Utilidades e curiosidades
: planta de grande interese ornamental, agoramesmo pouco plantada.
Trátase dunha especie vistosa, con follas verdes perennes, brillantes, flores arrecendentes,
branco-prateadas e froitos
pequenos, alongados,
alaranxados ou vermellos,
pendurantes.
Momentos demaior
interese ornamental
: todo
o ano, xa sexa polas follas
perennes, no outono polas
flores e polos froitos
maduros na primavera.
Localización e número de
exemplares
: IESA
Xunqueira (1); cemiterio
de SanAmaro (1).
a
1...,121,122,123,124,125,126,127,128,129,130 132,133,134,135,136,137,138,139,140,141,...320
Powered by FlippingBook