As ARBORES da cidade - page 83

Pontevedra_As árbores da cidade
Aucuba japonica
Thunb.
‘Variegata’
52
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: aucuba;
cast
.: aucuba, laurel manchado.
Etimoloxía
: o nome do xénero débese a que no Xapón se chama
aokiba
, e o epíteto específico
vén do neolatín
japonicus
, que indica un dos seus países de procedencia, Xapón. O cultívar
Variegata
denomínase así polas follas con numerosas manchas de cor crema-amarelo de
tamaño variable.
Familia
: Cornaceae
Orixe
: a especie é orixinaria do sueste de China, Corea e sur do Xapón.
Utilidades e curiosidades
: interesante especie ornamental sobre todo polas súas follas verdes
matizadas de crema ou amarelo; como son plantas dioicas (flores masculinas e femininas
separadas en exemplares distintos), só as plantas femininas dan froitos vermellos, decorativos,
persistentes e algo tóxicos.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, xa sexa polas follas ou pola presenza
adicional dos froitos nos exemplares femininos dende novembro ata a primavera.
Localización e número de exemplares
: praza do Peirao (1); Centro Galego deTecnificación
Deportiva (2);Padre Gaite (1); CruzVermella (1); IESAXunqueira (1); xardíns da Deputación
Provincial (1); rúa Casimiro Gómez (1).
a
1...,73,74,75,76,77,78,79,80,81,82 84,85,86,87,88,89,90,91,92,93,...320
Powered by FlippingBook