As ARBORES da cidade - page 257

Pontevedra_As árbores da cidade
209
Anxiospermas
Utilidades e curiosidades
: especie con follas demaior tamaño que as de
Ulmus minor
(ver
seguinte ficha) e conmaior resistencia á grafiose que esta última especie, aínda que o exemplar
do IESAXunqueira II estea comezando amostrar síntomas. Como ornamental úsase a especie
tipo pero, sobre todo, enxertada co cultívar ‘
Camperdownii’
,moi vistoso e que se caracteriza
porque as pólas vellas son retortas e as novas son péndulas, chegando estas ata o chan; ademais
a folla acostuma ser algomáis grande que na especie tipo. Este cultívar tamén se enxerta sobre
Ulmus pumila
(ver ficha desta especie).Amadeira desta especie é dura, elástica e pesada;
úsase en construción naval,mobles e carretería.As follas empréganse como forraxe.
Momentos demaior interese ornamental
: a especie tipo de
primavera a outono, cando ten follas; o cultívar ‘
Camperdownii’
todo o ano polo seu espectacular porte chorón.
Localización e número de exemplares
: IESA
Xunqueira II (1); ‘
Camperdownii
’: parque da
Constitución (4); xardíns entre a rúa Iglesias
Vilarelle e o paseo deValle Inclán (1); paseo de
Rosalía de Castro (parque das palmeiras, a carón
da antiga Delegación de Educación) (1); xardín
entre a avenida deAugusto García Sánchez e o
parque da Constitución (1); arredores da igrexa
de San Xosé (1); rúa Fernando II (5); paseo de
Valle Inclán (1).
c
b
1...,247,248,249,250,251,252,253,254,255,256 258,259,260,261,262,263,264,265,266,267,...320
Powered by FlippingBook