As ARBORES da cidade - page 262

Pontevedra_As árbores da cidade
Viburnum tinus
L.
213
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: viburno;
cast
.: viburno, durillo, tino.
Etimoloxía
: o nome do xénero era aquel co que os romanos designaban as plantas que servían
para atar (provén do latín
viere
, atar), xa que as pólas dalgunhas especies deste xénero son
flexibles e tiñan este uso. O nome específico,
tinus
, significa en latín“loureiro silvestre”e foi
aplicado a esta planta pola semellanza da súa folla coa do loureiro.
Familia
: Caprifoliaceae.
Orixe
: rexiónmediterránea: Europameridional e norte deÁfrica.
Utilidades e curiosidades
: especie que destaca pola abondosa floración de flores entre
abrancazadas e rosadas e produce uns froitos de cor azul metálicomoi vistosos, tóxicos para as
persoas, e quemadurecen entre o outono e o inverno.
Momentos demaior interese ornamental
: a floración, aínda que florea practicamente todo o
ano, pero conmaior intensidade no inverno e comezos da primavera.
Localización e número de exemplares
: CEIPÁlvarez Limeses (1); xardíns entre a rúa Iglesias
Vilarelle e o paseo deValle Inclán (1); paseo deValle Inclán (1); avenida deVigo (antiga
Delegación de Sanidade) (8); arredores da igrexa de San Xosé (1).
a
b
1...,252,253,254,255,256,257,258,259,260,261 263,264,265,266,267,268,269,270,271,272,...320
Powered by FlippingBook