As ARBORES da cidade - page 260

Sinónimos
:
da especie:
Ulmus mandshurica
Nakai,
U. humilis
S. Gmel.,
U.microphylla
Pers.
Nomes populares
:
gal
.: ulmeiro siberiano;
cast
.: olmo siberiano, olmo de Siberia, olmo enano.
Etimoloxía
: o nome do xénero corresponde co nome dado polos romanos aos ulmeiros, e o
epíteto específico deriva do término latino
pumilus
, anano, referíndose ao tamaño deste ulmeiro
en relación a outros. O cultívar ‘
Pendula
(a)
denomínase así polo porte chorón que lle dan as
delgadas pólas colgantes. O híbrido
Ulmusminor xUlmus pumila (b)
chámase así porque son
estas dúas especies as que o orixinan.
Familia
:Ulmaceae
Orixe
: a especie procede deAsia: Siberia,Turkmenistán, norte de China,Mongolia e Corea. O
híbrido
U.minor
x
U. pumila
ao parecer foi orixinado en España a partir de plantacións de
U.
pumila
feitas no século XVI nos Reales Sitios, en áreas onde vexeta espontaneamente
U.minor
.
Utilidades e curiosidades
: tanto a especie como o híbrido con
U.minor
son interesantes como
ornamentais pola súa copa ancha, de oval a globosa, formada por follas de pequeno tamaño.No
híbrido de
U.minor
x
U. pumila
a casca das póliñas é corchosa, herdanza de certa caste de
U.
minor
.A planta do cultívar ‘
Pendula
’ que semenciona nesta ficha era un
Ulmus pumila
enxertado
co cultívar ‘
Camperdownii’
de
U. glabra.
Este enxerto fallou e o que vemos agora é só o
espectacular patrón, de follas pequenas e estreitas e longas pólas de porte péndula.Esta especie é
resistente á doenza da grafiose, xa comentada na ficha de
U.minor.
As follas desta planta
mantéñensemoito tempo sobre a árbore en outono, chegando practicamente ata o inverno.
Momentos demaior interese ornamental
: a especie e o híbrido de
U.minor
x
U. Pumila,
da
primavera ao outono, cando teñen follas; o híbrido todo o ano polas pólas acortizadas. ‘
Pendula
todo o ano polas súas pólas colgantes.
Localización e número de exemplares
: aparcadoiro do recinto feiral (1); ‘
Pendula
’: rúa
Mariscal Pardo de Cela (1);
U.minor
x
U. pumila
: aparcadoiro do recinto feiral (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Ulmuspumila
L.
211
Anxiospermas
a
b
1...,250,251,252,253,254,255,256,257,258,259 261,262,263,264,265,266,267,268,269,270,...320
Powered by FlippingBook