Homenaxe a Pontevedra obreira - page 3

3
APontevedraobreira
Ahomenaxe ás familias daPontevedra obreira, dos homes emulleres que
militaron en sindicatos de clase: agrarios, da construción, domar... é un paso
máis que tiñamos a obriga de dar nesa andaina que comezamos xa en 1999 co
recoñecemento aAlexandreBóveda ou aos dez asasinados o 12 de novembro.
Porque xunto a eles, na defensa dos valores democráticos que encarnou a
II República, estaba a xente obreira dePontevedra, que loitaba nomar, na
canteira ou no agro, comesmo folgo que logo empregaba no sindicato ou
no partido para que a clase alta fose soltando os privilexios quemataban de
fame ás súas familias. Enaqueles tres aciagos días de xullo de 1936, mentres
os dirixentes daPontevedra republicana loitaban noGobernoCivil contra o
fascismo, a xentemodesta facíao na rúa cos legóns, cos sachos, con toda a
dignidade de quen ten a razón da súa parte.
Esa loita perdérona pero non sería xusto condenalos tamén ao esquecemento.
Porque a súa defensa dos dereitos que agora sentimos como inherentes a nosa
condición cidadá, custoullesmoi caro. Caláronos co cárcere, coas rapas, coa
fame, mesmo coamorte. Caláronos co terror e nós temos a obriga de rescatar
os seus nomes, os seus rostros e sobre todo as súas ideas do esquecemento,
para que nos guíen na loita por unha sociedademáis xusta. Pontevedra non
quere ser cómplice do silencio inxusto con que os actuais gobernos deXunta
eEstado apuntalan a lousa da vergoña que caeu fai oitenta anos sobre a loita
obreira. Por iso levamos 17 percorrendo con vós unha senda dememoria sen a
cal nunca poderíamos ter chegado a onde estamos. Grazas por acompañarnos
nesta nova viaxe.
MiguelAnxoFernándezLores
1,2 4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,...20
Powered by FlippingBook