Homenaxe a Pontevedra obreira - page 4

4
“A II República (…) abrira unmundo de
esperanzas, de optimismo, de creatividade.
Quitando as oligarquías e sectores nostálxicos
damonarquía, a inmensamaioría da cidadanía
saudou estemomento de efervescencia
democrática: a burguesía, porque coidaba
que coas liberdades o paísmodernizaríase
e superaríanse eivas seculares; os labregos,
porque crían que chegaría por fin a reforma
agraria, a terra sería para quen a traballase e
rematarían os abusos fiscais; e, por último, a
clase obreira, confiada enquemelloraríanas súas
condicións laborais. (…)Nada disto importou.
Os sectores de ultradereita, civís, militares e
eclesiásticos, reaccionarios, antirrepublicanos
e antidemocráticos, estaban decididos a pór
fin a esta experiencia democrática. Á Segunda
República, ese novo ser que nacera había
poucos anos, que tivera unha infancia difícil,
non se lle daría a oportunidade demedrar, de
desenvolverse, demadurecer. O totalitarismo, o
fascismo, estaba resolto a experimentar noEstado
español o que logo aplicaría enEuropa: ditadura,
terror, despersonalización, militarismo”.
Este fragmentodo texto coque o historiador
CarlosPereiraprologou a edicióngalegade
O
que fixeron enGalicia 1936
explicamoi ben a idea
deque ogolpemilitar buscaba acabar coa loita
de clase e non co suposto caos queprovocara
o réxime republicano, comodurantemoitas
décadas defendeu apropaganda franquista. A II
Repúblicaquería acabar cos privilexios das clases
dominantes, que seguíanmedrando coa fame e a
opresióndas baixas, e nesa arela xogaron unpapel
fundamental osmovementos obreiro e agrario.
Por iso, a cruenta represiónquedesde os últimos
días de xullodo 36 se viviu enPontevedra tivo no
puntodemira, comopasou no restodeGaliza edo
Estado, adirixentes sindicais epolíticos así como a
ducias depersoas afiliadas a ambosmovementos.
O asasinato, o cárcere, o agochoquepadeceron
agravou ata a extenuación esa situacióndemiseria
nas súas familias áqueprecisamente intentaban
por fin.Mais apesar do tempoquepasoudesde
o levantamento reaccionario e o retornoda
democracia, o seu sacrificiomantense enboa
medida no esquecemento.
Esa é a razóndesta homenaxe: rescatar algúns
dos nomes, das ideas, dos rostros desas persoas
deperfil menos coñecidoque compartiron a loita
por unhaPontevedramáis xusta conoutrasmáis
recordadas no tempo, comoAlexandreBóveda, os
Zbarsky ouosmártires do 12de novembro. Nunca
estarán todas, pero coma sempre agardamos que
a lembranza individual sirva como recoñecemento
e homenaxe colectiva a cada unhadelas e ás súas
familias.
OSMOVEMENTOSDACLASE
TRABALLADORA
No rigoroso estudo sobre a situaciónpolítica
nomomentodogolpedeEstadoque recolle
o historiador XoséÁlvarezCastro no seu libro
Pontevedra nos anos domedo
e noblogdo
mesmo nome, explícasequedurante a II República
as organizacións obreiras e agrarias, así como as
xuvenís, actuabanbaixoo control de socialistas
e comunistas, que compartían espazo, na
esquerda cualificada como “revolucionaria”, cos
anarquistas. Éde xustiza facermención áCNT e
amilitantes comoSebastianaAlonsoTortajada
-que sufriupenas deprisión como castigopola súa
participación nas protestas das conserveiras-, pero
o certo éque enPontevedra era especialmente
significativa a influenciade socialistas e
comunistas, especialmentede estes últimos que
Álvarez explicapolopropiodesenvolvementodo
PC. Estepartido rexistrou unha importante suba na
militanciadePontevedradurante 1936, e contaba
condirixentes doprestixiodos irmánsGama
Casalderrey, Pastor Torres ouGarcía Filgueira, o
que lleproporcionou a capacidadede controlar
sectores tan importantes como a Federación
Obreira local quepresidía opropioGarcía Filgueira,
alcalde en funcións nomomentodogolpe tras o
nomeamentodo electo, BibianoFernándezOsorio-
Tafall, como subsecretariodeGobernación.
O comitéda Federación Local de Trabajadores
La Invencible, que comprendía as sociedades
de albaneis, barbeiros, canteiros, carpinteiros,
camareiros, choferes, dependentes, ebanistas,
xastres, tranviarios,metalúrxicos oupanadeiros,
As vítimas silenciadas e esquecidas
Texto:
MontseFajardo
1,2,3 5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,...20
Powered by FlippingBook