Homenaxe a Pontevedra obreira - page 5

5
xa elixira aGarcía Filgueira comopresidente en
novembrode 1935, e nomeou como secretario
aManuel Martínez Vázquez, oMarión, que
ocupabadaquela a secretaria xeral dopoderoso
sindicatoda construción, doque tamén era
dirixenteManuel Ruibal López, secretario xeral da
ConfederaciónGeneral de TrabajadoresUnitaria
(CGTU).
É importantepoñerlle nome aos ocupantes das
estruturas directivas dos sindicatos, porque
significa, enboamedida, nomear ás vítimas
dapersecución fascista xurdidadogolpedo
36. Repítese no casodosmariñeiros, -cuxa
organización estaba lideradapolo tamén
comunistaRicardoFariña Torres, veciñoda
Moureira-, epor suposto no agro, que tiña como
principal referente aopropioManuel Gama. Por
ÁlvarezCastro sabemos queGama fora fundador
da entidade recreativa e cultural Juventud
Lerezana e almamáter daCajaRural de Lérez,
eque nomomentodogolpe erapresidenteda
CámaraAgraria e tenente alcaldedo concello
dePontevedra. Non consta a súa afiliación ao
PCpero compartía esta ideoloxíapois chegou
a ser candidatodopartido nas eleccións xerais
de 1933. Os seus irmánsAlejandro e Faustino
pertencían á FederaciónCultural Deportiva
ObreradeEspaña, tamén na órbita comunista,
xunto a outros nomes comoEugenioUrtaza,
Manuel Buján, JulioRey ouEmilioVillar.
Non sóos cadros dirixentes senón tamén a
militanciadebase sufriu as consecuencias da
barbarie fascista, incluídasmoitasmulleres que
noperíodode liberdades republicano empezaron
a implicarse na loita sindical.Mulleres como as
veciñas de LourizánAsunciónVilas, AVidala
ouEmiliaCarril, A Lamboira, que foron rapadas
polabuscademelloras na lonxadeMarín e nas
conserveiras. AsunciónVilasmesmo estivopresa
no cárceredePontevedra e nadurísimaprisión
vascadeSaturrarán. A súa represión é amáis
evidentepero en realidade todas asmulleres
acabaronpresas nunha sociedade, a franquista,
naque non tiñan cabida fórado fogar.
A comarcadePontevedra, segundodestaca o
historiador local, tiña unha longa tradiciónna
organizaciónde sociedades agrarias xaque a
SociedadedeAgricultores de Lérez fundada en
1896 foi pioneira enGaliza. NaRepública, estas
sociedades estaban agrupadas na Federación
Comarcal Agraria, que socialistas e comunistas
loitabanpor controlar, pero cuxa orientación
decantábase tamén cara a estes últimos. Undos
seus líderes foi JuanMagdalena, paseado na
Gándara aos 36 anos. Outro importantedirixente
sectorial era JoséGallegoAcuña, concelleiro
pontevedrés pola candidatura agrario-obreira
no 1931, vicepresidentedo comité organizador
do congreso agrariode 1935 e undos dous
representantes, xunto aVíctorMoldesCarro, que
tivo aComarcal no comité electoral da Frente
Popular. Ambos foron asasinados tras ogolpede
Estado.
O acoso sobre as persoas que intentaron
organizar á clase traballadora na loitapolos seus
dereitos foi total, deixando claroque era ese, e
nono suposto caos que orixinara aRepública,
o inimigo abater polo fascismo. O franquismo
amosou especial xenreira contraquenquería
mellorar a vidadas clasesmenos favorecidas ben
a través dos dereitos laborais ouben a través da
educación, ede aí a saña conque seperseguiu
a sindicalistas emestres. Non se escatimaron
forzas para rematar coas esperanzas que a xente
humildepuxera na II República, e iso supuxo un
alto custoparamoitas familias pontevedresas.
A FAMILIAGAMA
Comodixemos,
os irmánsGama
Casalderrey eran un
referente nesta loita
e son tamén unha
referencia ineludíbel
á horade falar de
represión. Cinco
dos seis irmáns, tres
homes e as dúas
mulleres, sufriron
as consecuencias
dogolpe.Manuel e
Alejandro coaprisión
eCustodia coa
detención eposterior
rapa e sometemento
a humillacións
comoo varridodas
principais rúas da
cidade cun cartel que
dicía: “Comunista”.
A súa irmáAdelina
eludiu adetención
embarcando
coposto,
inmediatamente
despois dogolpe,
nunmercante inglés
que a levou aBos
Aires. Deixaba
atrás un negocio
próspero, ao home,
Antonio Lorenzo
Codesido, e a tres
fillos: Foro, Teresa e
Antonio. Demasiadas
renuncias para
manter a calma e
nadamáis chegar
ao exilio arxentino
foi ingresada nun
sanatoriomental no
ManuelGama
AlejandroGama
CustodiaGama
1,2,3,4 6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,...20
Powered by FlippingBook