Mellor a pé - page 3

Cariño e sensibilidade
Crer na forza interna que esta cidade é
quen de xenerar foi a principal das en-
erxías invertidas na transformación de
Pontevedra. Tratar con cariño e sensibili-
dade as súas rúas e prazas, o seu patrimonio arquitectónico
e a súa riquezanatural foi o inicio desta transformación que
os cidadáns soñamos e que os cidadáns impulsamos.
Guiados por unmodelo gobal de cidade alternativa, fóronse
tomando as decisións necesarias para situar ás persoas no
centro da vida urbana, convencidos de que era omellor xeito
de acadar uns niveis de calidadeóptimos para vivir nun am-
biente harmónico e intersante.
Fóron nacendo así os diferentes plans que permitiron incre-
mentar o espazo público para as persoas. Plans de in-
fraestruturas, como a reforma integral do espazo público que
mellorou beirarrúas, prazas, pavimentos, servizos e con-
ducións soterradas...
E tamén plans culturais como a promoción do costume de
camiñar e toda unha cultura viaria na que as persoas e a súa
mobilidademáis simple e natural, están no centro da aten-
ción, postergando o automóbil aos usos imprescindíbeis.
O premio outorgadopola axenciaeuropea Intermodes é toda
unha honrapara aPontevedra contemporánea. Grazas pola
vosa sensibilidade e as vosas atencións. Un auténticoestí-
mulo para continuar traballando con humildade, abnegación
e sentido común. Sabemos queoutromundo é posibel, polo
que empezamos por facer posíbel unha cidade que vive coa
sana e lexítima intención demellorar.
MiguelAnxoFernández Lores
Alcalde dePontevedra
1,2 4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,...24
Powered by FlippingBook