Condutas adictivas

123

A actividade está incluída dentro do Plan Municipal sobre Condutas Adictivas. O obxectivo é que o profesorado dos IES de Pontevedra adquira as ferramentas teórico-prácticas necesarias para a prevención tanto do consumo de sustancias tóxicas por parte dos alumnos como de hábitos de conduta nocivos.
Para elo, destaca Margarita Castejón, o curso traballará as claves necesarias para establecer unha boa comunicación na aula e concienciará aos docentes da importancia do rol que teñen como axentes formadores e informadores do seu alumnado. Proporcionaranse coñecementos teóricos sobre as diferentes substancias, fomentarase a motivación, ofreceranse indicios para detectar os consumos e, finalmente, explicarase a programación e as funcións do Servizo de Drogodependencias do Concello de Pontevedra.
Durante o curso combinaranse distintas metodoloxías como a exposición maxistral, análise de materiais, xogos de roles, discusións dirixidas, traballo en pequenos grupos, resolución de problemas, análise de casos, etcétera.
O curso comezará o próximo día 8 de novembro e rematará o 29 do mesmo mes. O horario será de 17 a 20 horas e o lugar é o Pazo de Cultura, seminario número 6. Os/as interesados/as deben realizar a inscrición nas oficinas do equipo de Prevención de Condutas Adictivas, rúa de Sor Lucía 2, 2º andar. Teléfono-fax: 986 85 14 89.

COMPARTIR