Están en marcha as distintas obras que situarán a capital no mapa europeo da Alta Velocidade Ferroviaria, a través do Eixo Atlántico Ferroviario e da conexión por Cerdedo da liña procedente da Meseta que decorrerá entre Ourense, Santiago e A Coruña. Esta vía conectará co Eixo Atlántico ao norte da cidade, desde donde se dirixirá a Vigo.
En xeral, o traxecto do Eixo Atlántico por Pontevedra decorre en paralelo á vía actual, ou ocupando o mesmo lugar que agora, especialmente no treito urbano, donde se oculta parte da infraestrutura tanto no barrio da Seca como na zona da Eiriña, xa próxima á Estación, lugar no que se amplía o túnel actual para dar máis funcionalidade urbana ás rúas 12 de novembro e Camiño de Ferro, así como mellorar a conexión entre A Parda e o centro da cidade.
Estas obras permiten mellorar a calidade urbana en varios puntos da cidade, pois se crean as seguintes infraestruturas de mobilidade, a parte da propia liña férrea que nos acercará con máis rapidez a o tecido urbano entre A Coruña e Vigo.
— Nova ponte entre os Xulgados da Parda e a rúa 12 de Novembro, que permitirá unha nova vía de penetración desde o leste no centro da cidade.
— Nova ponte baixo o ferrocarril entre a vía de Valdecorvos e a rúa Xosé Malvar, o que mellora significativamente a mobilidade entre a Av. de Lugo e entrada leste e a zona litoral interior, xa que conecta moi próximo á Ponte dos Tirantes.
— Conexión peonil entre as duas marxes do río Lérez á altura da praia fluvial, xa que se aproveitará para este fin a vella ponte do ferrocarril.