O Observatorio Urbano de Pontevedra configúrase como un sistema ou plataforma de información estruturada, con carácter aberto, que ten por obxectivo xestionaría información local de diferentes ámbitos(social, económica, territorial…) e o seu posicionamento con respecto a outras áreas de referencia.
Este organismo parte dun plantexamento sustentable a curto e medio prazo, cun enfoque modular e multidisciplinar que dota ao sistema da flexibilidade necesaria para evolucionar paulatinamente en función dos recursos dispoñibles, de tal xeito que dote á cidade dun sistema de información útil e accesible en todos os ámbitos estudados.
Son obxectivos do observatorio:
- Proporcionar á administración local e aos axentes sociaisíinformación obxectiva necesaria para a toma de decisións no marco do desenvolvemento local.
- Melloraría prestación de servizos á cidadanía.
- Incrementaría interacción entre axentes sociais.
- Poñer a disposición da veciñanza dos principais datos relacionados co Concello, mediante un acceso á información fácil de interpretar que satisfaga as necesidades de transparencia e comunicación.