Trinta e un colexios e institutos da cidade participan na campaña de Educación Viaria. As actividades son diferentes segundo o nivel educativo.
- EDUCACIÓN INFANTIL
Un total de 530 alumnos de educación infantil serán obxecto da campaña de formación que ten previsto tres actividades:
1. Entrega de unidades didácticas a profesores docentes dos centros
A Policía Local entregará videos, contos e informacións de contidos sobre actuacións como peón e ocupante de turismos e autobuses, a rúa, os pasos de peóns, semáforos ou sistemas de retencións.
2. Prácticas de seguridade nos centros
A Policía Local supervisará os protocolos de seguridade nas entradas e saídas dos centros así como das rutas có fin de mellorar os protocolos de comportamento e a seguridade no autobús.
3. Visitas organizadas ás dependencias da Policía Local
Os alumnos de 3º de Educación Infantl ( 5 anos) acompañados dos seus educadores visitarán as dependencias da Policía Local. Faránse dezaoito visitas.
- EDUCACIÓN PRIMARIA
A programación dirixida ós alumnos de 5º de educación primaria conta cun total de dúas sesións, impartidas por tres educadores, nos vinte centros participantes e unha terceira sesión no Parque Infantil de Tráfico.
As actividades programadas son:
- Plan de formación de peóns, conductor de bicicleta e ocupante en turismo ou autobús escolar.
- Prácticas de peón e conductor de bicicleta e karts no Parque Infantil de Tráfico.
- Pedalada pola cidade en bicicleta
- EDUCACIÓN SECUNDARIA
Dirixida ós alumnos de 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato.
Un total de 1.500 alumnos de tres centros docentes participarán nunha sesión impartida polo coordinador da campaña, un educador e a colaboración de Paulo Fontán -presidente da Asociación Amizade de persoas con capacidade-.
Entre os obxectivos que se prentende acadar con estes alumnos é formar os menores en materia de seguridade viaria, previr os accidentes de tráfico, dar a coñecer situacións de risco, concienciar ós menores ne necesidade de utilizar elementos de seguridade e das consecuencias dos actos irresponsables.
A programación inclúe o plan de formación de conductor de ciclomotor e Seguridade Viaria, documentacións, cascos homologados, seguros e responsabilidade cilvil, e prevención de siniestralidade en accidentes de tráfico e concienciación.