Inicio Participa Danos a túa opinión Procesos conclusos Ordenanza Reguladora do Servizo Municipal de Taxi

Ordenanza Reguladora do Servizo Municipal de Taxi

Ordenanza Reguladora do Servizo Municipal de Taxi no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten o propósito de elaborar un Regulamento coa intención de adaptar a regulación municipal á normativa autonómica. Con tal motivo, deséñase un proceso participativo aberto ás persoas e entidades interesadas en debater e achegar respecto a esta iniciativa municipal.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

O Concelleiro responsable da área de sostemento de espazos publicos, obras, participación social e territorial
Demetrio Gómez Xunqueira