Inicio Áreas Protocolo e Comunicación

Protocolo e Comunicación

O departamento de Protocolo e Comunicación están incluídas dentro da Alcaldía que canaliza as cuestións relacionadas co protocolo institucional e a comunicación municipal. Ademáis da organización de eventos, actos públicos e formais, encárgase da publicidade institucional, a comunicación corporativa, as relacións cos medios de comunicación social e esta web municipal.

As vodas no Concello de Pontevedra

A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro ou concelleira en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.

Antes de presentar a solicitude para casar no Concello é necesario contactar co servizo de Protocolo para concertar a data e a hora da vosa voda, no seguinte contacto:

Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 100 185 Ext: 7102, ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello durante a semana en horario laboral.

A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.

As cerimonias teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizaranse no salón vermello do Pazo de Mugártegui os venres pola tarde e sábados. Con carácter excepcional as vodas que se celebren durante a semana, fanse na Alcaldía ou na Sala de Comisións do Concello, na rúa Michelena, 30.

Fotografías do Pazo de Mugartegui

Podes casar:

  • Calquera día laborable de 10.30 a 13.30 horas
  • Os venres pola tarde de 18.00 a 19.30 horas
  • O sábados de 12.00 a 13.30 horas e de 18:00 a 19.30 horas
  • Non se celebrarán vodas nin domingos, nin os festivos, nin os días especialmente sinalados nos que non resulte posible celebrar as cerimonias (como por exemplo na Feira Franca, o día do pregón das Festas da Peregrina, tomas de posesión da Corporación Municipal, etc)

Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 804 300, extensión 7102, na semana anterior á voda, para indicar:

  • Número de asistentes á cerimonia, aproximado.
  • Música: poderán contratar pola súa conta música en directo, traer un equipo de música, etc.
  • Adornos florais: poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría. Os adornos colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.
  • Todas aquelas cuestións relevantes para a cerimonia, como se se van a poñer alianzas ou se van a realizar intervencións na cerimonia.
  • Vehículos: durante o tempo da cerimonia poderán acceder e aparcar ata dous vehículos na praza da Pedreira o tempo que dure a cerimonia, de haber algún asistente con problemas de mobilidade poderán ser tres. É necesario que os contraentes informen cunha semana de antelación á Policía Local da matrícula dos vehículos que aparcarán nese recinto, chamando ao teléfono 986 833 080 ou por correo electrónico no enderezo policialocal@pontevedra.eu.

Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado neste concello.

Que tramitación hai que facer antes de casar no Concello de Pontevedra?

Antes de casar no concello é necesario tramitar un expediente ou unha acta matrimonial, ben no Rexistro Civil ou ben nunha notaría.

No caso de que elixas tramitar o teu expediente matrimonial no Rexistro Civil, terás que solicitalo no Rexistro Civil do concello no que estea empadroado calquera dos contraentes. O Rexistro Civil que vos corresponda remitirá o expediente de matrimonio ao Rexistro Civil de Pontevedra, que expedirá o documento denominado “Relación de datos de matrimonio civil”. No caso de que ambos/as contraentes estean (no momento da presentación da documentación) empadroados no Concello de Pontevedra, deberán tramitar o expediente matrimonial nas oficinas do Rexistro Civil de Pontevedra, situado na rúa Francisco Tomás y Valiente (tlf: 986 80 57 67).

Dende o 30 de abril de 2021, as notarías tamén poden tramitar expedientes matrimoniais. Neste caso, debedes de solicitalo ante o Colexio Notarial correspondente ao domicilio de calquera dos/as contraentes. Se residides en Galicia, será o Colexio Notarial de Galicia quen asignará a unha notaría para a tramitación do expediente matrimonial. Podedes atopar información de como facer esta solicitude no enlace https://galicia.notariado.org/portal/expedientes-matrimoniales ou poñéndoos en contacto coas oficinas do Colexio Notarial no teléfono 981 120 481.

Onde presentar a solicitude?

Presentar no Rexistro Xeral do Concello a solicitude maila documentación necesaria.

Como presentala?

  • ELECTRONICAMENTE: Dende esta sede electrónica (sede.pontevedra.gal) pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar.
    Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no boton “rexistro electrónico”.
  • PRESENCIALMENTE: Nas oficinas do rexistro na rúa Michelena núm. 30., podes solicitar cita previa.

Neste momento, o Concello ten habilitados diferentes sistemas de solicitude de cita previa:

Que documentos hai que achegar

Para solicitar a celebración a túa voda no Concello hai que presentar a seguinte documentación no Rexistro Xeral do Concello:

  • Formulario de solicitude de casamento. Pode descargalo en sede.pontevedra.gal
  • Documento acreditativo do pago da taxa correspondente (81,73 €). Pode obtelo no seguinte enlace ovt.pontevedra.gal/ga/360387/APONTEVEDRA
  • Fotocopia do DNI dos contraentes.
  • Fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que deberán estar presentes na cerimonia. Estas testemuñas non teñen que coincidir coas testemuñas do expediente matrimonial que se tramita no Rexistro Civil ou na notaría, poden ser persoas diferentes.
  • “Relación de datos de matrimonio civil” expedida polo Rexistro Civil, ou ben “Acta notarial”, no caso de que o expediente de matrimonio se tramitase nunha notaría. Neste caso, tamén é necesario achegar: Copia do certificado ou volante de empadroamento dos contraentes e copia do certificado de nacemento dos contraentes.

Para máis información Servizo de Protocolo
• T. 986 804 300, extensión 7102
protocolo@pontevedra.eu

Normativa

Código Civil
Ley 20/2011, de 21 de julio, del Registro Civil.
Circular 1/2021, del Consejo General del Notariado de 24 de abril, relativa aos expedientes matrimoniais

Cerimonia de bebés

Ante a demanda expresada por unha parte da cidadanía, o Concello decidiu celebrar este tipo de eventos, como actos públicos de recoñecemento a novos cidadáns e cidadás.

Moitas persoas desexan celebrar un acto de testemuña pública do nacemento dun novo membro das súas familias, a través dunha cerimonia de benchegada á cidadanía, polo que se planificaron todos os detalles para acometer este tipo de eventos coa dignidade e a formalidade necesarias para que resulten un acontecemento memorábel.

As cerimonias son colectivas, mensuais, programadas e organizadas segundo un protocolo elaborado expresamente con esta finalidade.

Podese elexir o mes da celebración chamando o teléfono 986 100 185 Ext.: 7102, ou ben acudindo ao Gabinete de Alcadía do Concello en horario laboral durante a semana.

Celebraranse no Pazo de Mugartegui os sábados pola mañá.

Para máis información pode descargar o  bando ceremonias de bebés

Fotografías do Pazo de Mugartegui

Edificio do Concello de Pontevedra

Dirección: Rúa Michelena, 30 – 36001 Pontevedra.

Horario de atención ao público:

  • De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.
  • Verán e nadal (de 16 de xuño a 15 de setembro e de 24 de decembro a 6 de xaneiro): de 9:00 a 13:00 horas.

Alcaldía

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7101
alcaldia@pontevedra.eu
alcaldia1@pontevedra.eu
Gabinete de comunicación

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7108/09
comunicacion@pontevedra.eu
comunicacion2@pontevedra.eu
comunicacion3@pontevedra.eu
Protocolo-Vodas

Telf.: 986 804 302 – Ext. 7102
protocolo@pontevedra.eu
protocolo2@pontevedra.eu
Visita virtualEdificio administrativo do Concello de Pontevedra