Inicio Participa Danos a túa opinión Procesos conclusos Participación ordenanza reguladora administración electrónica

Participación ordenanza reguladora administración electrónica

Participación no procedemento de elaboración dunha nova ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Pontevedra

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ábrese o trámite de consulta pública para recabar a opinión da cidadanía e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola elaboración dunha nova Ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Pontevedra, en relación coas seguintes cuestións:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

O prazo para presentar as suxestión é de 20 días hábiles os cales rematarán o día 11 de abril de 2022 e realizaranse a través do formulario web habilitado máis abaixo.

A Sra. Concelleira delegada de réxime interior, contratación e promoción da cidade
Anabel Gulías Torreiro

Este formulario de participación xa está pechado.