Teléfonos de emerxencias: 080, 112
Paseo Domingo Fontán, sn.
Tlf. 986 833 291
Fax 986 833 234
bombeiros@concellopontevedra.es
Unha media de 620 operacións anuais realizan anualmente os 37 bombeiros que forman parte do parque municipal de Pontevedra, un corpo que está pendente das xestións da Consellería da Presidencia da Xunta e a Deputación de Pontevedra, de cara á súa comarcalización, xa que en numerosas ocasións deben prestar os seus servizos fóra do termo municipal.
A media de 620 operacións anuais que realizan distribúense nas seguintes porcentaxes, atendendo á natureza do suceso:
- 20% Incendios urbanos (124)
- 5% Incendios industriais (31)
- 3% Incendios en zonas rurais (18,6)
- 40% Escarceración e rescate de accidentes de tráfico (248)
- 32% Outros (prevención fachadas, tellas, antenas de tv, etc) (198,4)
Entre o material operativo do que dispoñen cóntanse 3 autobombas BUP, 1 autoescala, 1 brazo telescópico con escala, 1 vehículo pesado nodriza (BUP), 1 vehículo de rescate e escarceración, 1 vehículo lixeiro (BUL), 3 vehículos de transporte TT e unha unidade de mando, ademáis de 4 motobombas pesadas, outras tantas lixeiras, 4 equipos de escarceración e outro material operativo diverso.