Plenos

O Pleno do Concello de Pontevedra é o órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal. Está formado polo alcalde e os concelleiros (Art. 40 do Regulamento Orgánico do Pleno e as súas Comisións do Concello de Pontevedra).

O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias o penúltimo luns de cada mes, ás 11 horas. Esta data variará, e poderá alterarse, de coincidir tal día en festivo ou tratarse dos meses de agosto ou decembro, de acordo co establecido no art. 57 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións.

Non obstante, facúltase á Xunta de Portavoces para que, puntualmente, poda alterar a data dalgunha sesión ordinaria, sempre que se celebre no mesmo mes.

Establécese como sede para a realización de tódalas sesións plenarias o Salón de Butacas do Teatro Principal, situado na rúa Don Filiberto s/n, deste Concello, por persistir as circunstancias que motivaron a súa habilitación para este fin pola anterior Corporación.

Sesións plenarias do Concello de Pontevedra:

Ver o pleno en directo dende a canle de Youtube